CADETES. NUMANCIA, 0 – RACING FERROL “B”, 12.

PABLO CAVEZZA: QUE DESASTRE !!!!


Décimoquinta xornada correspondente ó campionato de Liga Local de Cadetes Coca Cola Grupo 3º xogado na tarde do sábado en Prados Vellos que finalizou coa vitoria dos visitantes. Ao descanso chegouse coa vitoria visitante por 0 - 5.


Ares, 14 de marzo de 2015.


FICHA TÉCNICA:


NUMANCIA: Álvaro, P. Cavezza, Carlos, Javi, Alex, Fran, Pablo (C), Luís, Cristián Guijarro (Cristián Martinez), Antón e Ivan.


Adestrador: Daniel Iglesias Montero.


2º adestrador: Antonio Vilar Carballeira.


Delegado: Javier Aneiros Martinez.


RACING FERROL “B”: Marcos (Lois), Miguel (Alejandro Lopez), Daniel Breijo (David), Daniel Rey, Mario, Eduardo (Alejandro Lama), Adrián, Cibrán, Luís, Manuel e Jacobo (C) (Fernando).


Delegado: Ignacio García Rodríguez


COLEXIADO: Juan J. Espiñeira Vara. Amoestou a Daniel Rey polo Racing e a Fran polo Numancia.


GOLES:


Racing de Ferrol “B”: Manuel (5), Luís (3), Alejandro (2), Cibrán e Adrián.


Nesta ocasión o defensa do Numancia Pablo CAVEZZA analizará o encontro ....

Pablo CAVEZZA defensa cadete do Numancia de Ares.

A XOGADA DO PARTIDO. Foi o noveno gol do Racing cunha moi boa xogada combinativa na que fanlle unha parede có tacón ao dianteiro que marca ante a saída de Álvaro.


CLAVE. Non houbo ninguhna acción clave no partido, o resultado o di todo.


ACTUACIÓN PERSOAL. A verdade e que non estou contento coa miña actuación, teño moito que mellorar, sobre todo en defensa. Eu creo que o meu aspecto máis positivo é o toque de balón.


O EQUIPO. Xogamos moi mal, o peor partido da temporada. Aínda que non son excusas, pero notamos moito as baixas de Adrián e Raúl na defensa. Nosoutros non o fixemos nada ben e deixamos de loitar na segunda parte.


O RIVAL. O Racing son os lideres da categoría e xogan moi ben ao fútbol e hoxe estiveron moi acertados cara a gol. Teñen un gran equipo. Gustoume moito Eduardo, que xoga no centro do campo e o seu dianteiro Manuel, quen nos marcou 5 goles.


O próximo sábado, 21 de marzo, ás 17:30 h, os cadetes xogarán no Misael Prieto fronte o Meirás a 16ª xornada de liga.


Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.