Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 4 - G. CARANZA B, 4.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 4 - G. CARANZA B, 4.

CARLOS GIMENEZ : “TIVEMOS A VITORIA PERO AO FINAL  ...”
Abundancia de goles en Prados Vellos no partido dos cadetes e alternancias no marcador, cun empate no último suspiro.
 
 
Prados Vellos, 27 de febreiro de 2015
 
Décimo terceira xornada correspondente ao campionato de Liga Local de Cadetes Coca Cola, grupo 3, que finalizou con empate. Ao descanso chegouse coa vitoria visitante por 0-1
 
FICHA TÉCNICA:
 
NUMANCIA: Jorge, Carlos, Adrián (C), Raul, Javi (Fran Romaus), Fran, Alex, Pablo Vascos, P.Cavezza (Cristián Martinez), Dani (Cristián Guijarro) e Luis.
 
Adestrador: Daniel Iglesias Montero
2º adestrador: Antonio Vilar Carballeira
Delegado: Javier Aneiros Martinez
 
GALICIA DE CARANZA B:  Bruno, Luis (Alejandro), Ivan (Javier Lopez), Edgar, Sergio, Javier Luaces (C), Diego (Álvaro), Borja, Jose L., Oscar e Iago (Marcos).
 
Delewgado: Rogelio Rey Abad. 
 
COLEXIADO: Victor García Villaverde. Mostrou tarxetas amarelas a Jose L. do Galicia e a Adrián polo Numancia. Mostrou tarxeta roxa directa a Edgar polo Galicia.
 
GOLES :
 
0 – 1: Iago (min. 26) – Xogada por banda dereita, centro á área, que recolle Iago, regatea a Raul e marca cun disparo a media altura. 
 
1 – 1: Adrián (min. 52) – Falta lanzada por Fran á área pequena, o porteiro do Galicia non atalla o balón e Adrián, moi atento, marca sen oposición. 
 
1 – 2: Javier Luaces (min. 56) – Falta directa en banda dereita dos visitantes, Jorge despexa mal de puños o balón chégalle a Javier e marca dende o borde da área grande. 
 
2 – 2: Luis (min. 63) – Penalti marcado por Luis.
 
3 – 2: Luis (min. 68) – Gran pase de Fran ás costas da defensa que recolle Luis e bate ao porteiro do Galicia cunha vaselina . 
 
3 – 3: Álvaro (min. 70) – Despiste defensivo do Numancia e Álvaro sen marca bate a Jorge. 
 
4 – 3: Luis (min. 74) – Gran pase de Adrián ás costas da defensa que recolle Luis quen bate ao porteiro local na súa saída cunha perfecta vaselina.
 
4 – 4: Álvaro (min. 79) – Mal despexe do balón dos locais que chega a Álvaro quen bate a Jorge cun disparo que entra pola mesma escuadra. 
 
COMENTARIOS DE CARLOS GIMENEZ :     
José CARLOS Giménez defensa equipo cadetes do Numancia de Ares. 
1. A XOGADA DO PARTIDO: “Foi o noso terceiro gol, no que Fran dá un pase perfecto ás costas da defensa a Luis, quen marca de vaselina ante a saída do porteiro do Galicia..
 
2. CLAVE: “Foi o cuarto gol e empate do Galicia, no que un mal despexe noso facilitou que o Galicia empatase no minuto 79, un partido que xa o tiñamos gañado”
 
3. ACTUACIÓN PERSOAL: “Estou satisfeito do meu partido. Principalmente teño que mellorar en que necesito ser máis rápido e máis técnico. Os meus aspectos máis positivos do partido son que defendín moi ben pola miña banda dereita e que fixen o que me dixo o meu adestrador.”
 
4. O EQUIPO: “Na primeira metade, defendemos moi ben a pesar da derrota ao descanso. Na segunda metade, xogamos moi ben no centro do campo e así comezamos a ter ocasións de gol. O peor nesta metade foi a defensa.”
 
5. O RIVAL: “Do xogo do Galicia non destacaría nada, só me gustou o seu capitán, Javier Luaces, ten calidade e despraza moi ben o balón.
 
O próximo rival dos numantinos será o Ortigueira, equipo que ocupa a quinta posición da táboa e ao que se medirán o próximo fin de semana en San Claudio.

.
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.