CADETES. CARIÑO, 2 - NUMANCIA, 4.

FRAN Anido: O MELLOR O RESULTADO.


Duodécima xornada correspondente ó campionato de Liga Local de Cadetes Coca Cola Grupo No.3 que finalizou coa vitoria do Numancia. Ao descanso chegouse coa vitoria local por 2 - 1.


Cariño, 21 de febreiro de 2015


FICHA TÉCNICA:


CARIÑO: Carlos Pernas, Martin, David, Julen, Brais, Andrea, Carlos Balado, Raúl, Francisco, Cristián (C) e Alexandre. Non xogaron, Laura e Sergio.


Adestrador: Aitor Piñeiro Lobo.


NUMANCIA: Álvaro, Carlos, Adrián, Raúl, Alex, Fran, Pablo (C), Javi (Fran Romaus), Antón, Luis e Cristián (P. Cavezza).


Adestrador: Daniel Iglesias Montero.


2º adestrador: Antonio Vilar Carballeira.


Delegado: Javier Aneiros Martinez.


COLEXIADO: Alejandro Méndez Bouza. Amosou tarxeta amarela a Brais do Cariño e a Adrián do Numancia. Resultou expulsado con tarxeta vermella directa Antón polo Numancia.


GOLES:


1 – 0: Cristián (min. 5) – Córner por banda dereita, a defensa aresana non é capaz de despexar o balón e o xogador local, moi atento bate a Álvaro cun disparo raso.


1 – 1: Raúl (min. 12) – Centro de Adrián por banda dereita e Raúl bate ao porteiro local cun disparo dentro da área pequena.


2 – 1: Alexandre (min. 28) – Falta directa en banda esquerda dos locais que sorprende a Álvaro polo seu pau.


2 – 2: Raúl (min. 43) – Córner por banda esquerda e tras varios rexeites, gran testarazo de Raúl quen bate ao porteiro local.


2 – 3: Antón (min. 51) – Gran pase de Fran ás costas da defensa que recolle Antón para bater ao porteiro local na súa saída . 


2 – 4: Fran (min. 65) – Gran pase de Luis a Fran que bate ao porteiro local na súa saída. 


COMENTARIOS DE FRAN Anido.......

FRAN Anido centrocampista cadete do Numancia de Ares.

A XOGADA DO PARTIDO: Foi o noso cuarto gol, no que saca o porteiro local, controlo o balón no medio campo, fago unha parede con Luis, quen me dá un gran pase cunha boa vaselina por enriba da defensa, e eu meto gol sen oposición.


CLAVE. Non houbo ningunha circunstancia ou acción que influíra no resultado final.


ACTUACIÓN PERSOAL. Estou satisfeito do meu partido. Ainda que teño que mellorar nalgúns aspectos, pois creo que puido dar ou aportar moito máis ao equipo.


Os meus aspectos máis positivos do partido son gol que marquei e o gran pase que lle din a Antón no terceiro gol do Numancia.


O EQUIPO. Hoxe estivemos moi mal, na primeira metade, xa que non loitamos e estivemos andando polo campo sen cubrir a ningún xogador do Cariño. Na segunda metade, comezamos a correr, a loitar todos os balóns e xogamos moito mellor.


O RIVAL. Do xogo do Cariño non destacaría nada en particular. Dos seus xogadores gustoume o seu dianteiro Cristián o nº 11, e o nº 17, Alexandre.


O próximo fin de semana os cadetes do Numancia recibirán en Prados Vellos a visita do G. de Caranza “B” no que será a 13ª xornada de competición.


Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.