CADETES: AS PONTES, 9 – NUMANCIA, 3.

ADRIAN Aneiros: FIXEMOS UNHA PRIMEIRA METADE BASTANTE ACEPTABLE, PERO A SEGUNDA PARTE FOI UN DESASTRE.

Derrota do equipo cadete da ADR Numancia de Ares por nove goles a tres fronte o As Pontes na súa visita no serán do venres a O Poboado. O encontro correspondente a oitava xornada do grupo 3 da 1ª autonómica cadete Copa Coca-cola chegou ó descanso cun marcador de 4 - 3.

 



As Pontes 23 de xaneiro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

AS PONTES: Paulino (Malena), Antón, Bruno (David), Martín, Sergio Fraga (Alejandro Barro), Andrés, Alberte (Ayrton), Sergio Otero (Sergio Cazas), Alejandro Martínez, Adrián e Xose (C).

Adestrador: Marcos Bouza Pérez.

Delegado: Jesús Fernández Fornos.

NUMANCIA: Álvaro, José Carlos (Dani), Adrián, Raúl, Alex, Fran, Pablo Ferro (C), Javi (Iván), Antón, Luís e P. Cavezza (Cristian).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º adestrador: Antonio Vilar Carballeira.

Delegado: Javier Aneiros Martínez.

COLEXIADO: Borja Gundín Barreiro. Amosoulle catón amarelo a Andrés polo As Pontes, e Javi polo Numancia.

GOLES:

0 – 1: Pablo (min. 1) – Saque de centro e pase de Luis a Pablo quen marca cunha gran volea que sorprende ao porteiro local. Golazo !!!!.

0 – 2: Antón (min. 8) – Xogada persoal de Antón quen marca cun disparo dentro da área pequena.

1 – 2: Adrián (min. 13) – Córner botado por banda dereita e remate sen oposición dentro da área pequena do xogador local.

2 – 2: Andrés (min. 17) – Xogada persoal do extremo por banda dereita, vaise de dous defensores aresáns, da o pase atrás e dentro da área pequena marca a pracer o dianteiro local.

2 – 3: Antón (min. 19) – Gran disparo de Antón dende 25 mtrs que entra pola mesma escadra esquerda da portería local. Golazo !!!!.

3 – 3: Alejandro Martinez (min. 25) – Centro sen aparente perigo por banda dereita, pero Álvaro non é capaz de coller ou rexeitar o balón e gol do xogador local.

4 – 3: Alejandro Martinez (min. 39) – Pase á espalda da defensa, e o xogador local, aproveitase da súa situación en claro fora de xogo, para marcar nun man a man contra o porteiro aresán.

5 – 3: Xose (min. 44) – Xogada polo centro da defensa visitante, disparo dun xogador local, Álvaro rexeita o balón e Xose moi atento marca sen oposición.

6 – 3: Xose. (min. 45) – Xogada persoal do extremo por banda dereita, vaise dos defensores aresáns, da o pase atrás, Álvaro rexeita o balón e outra vez Xose, entrando dende atrás marca a pracer.

7 – 3: Xose (min. 52) – Xogada por banda dereita, pase atrás, e Xose, entrando dende atrás marca sen oposición.

8 – 3: Ayrton (min. 69) – Fallo defensivo dos aresáns e gol do xogador local.

9 – 3: Adrián (min. 75) – Contragolpe dos locais e Adrián marca nun man a man contra o porteiro local.

Comentarios de ADRIÁN Aneiros…….
ADRIAN Aneiros defensa cadete do Numancia de Ares
A XOGADA DO PARTIDO. Saque inicial de centro e gran pase de Luis a Pablo quen pola banda esquerda marca cunha gran volea que sorprende ao porteiro das Pontes.

CLAVE. Influencia no resultado final, non houbo ningunha xogada, aínda co cuarto gol das Pontes foi en claro fora de xogo.

ACTUACIÓN PERSOAL. Eu non estou satisfeito do meu partido, xa que, tivemos moitos erros defensivos e non soubemos parar o xogo dos locais. Eu teño moitos aspectos que mellorar, principalmente a técnica e colocación no campo.

O EQUIPO. A pesar dos erros defensivos fixemos unha primeira metade bastante aceptable, pero a segunda parte foi un desastre. Eles colleron a medio do campo e foron moi superiores a nos.

O RIVAL. Ten un centro do campo moi bo, con 3 xogadores de gran nivel. Tamén gustoume moito o seu porteiro.

A vindeira fin de semana o Numancia cadete terá xornada de descanso

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.