CADETES. NARÓN, 6 - NUMANCIA, 2
PABLO FERRO: "TIVEMOS MOITOS ERROS EN DEFENSA"
Continúa a racha negativa dos nosos cadetes que se viron superados polo equipo naronés.
Ares, 12 de xaneiro de 2015
Partido disputado no campo do Cadaval, corresponde á 6ª xornada de liga deste grupo 3º da primeira autonómica cadete, copa Coca-Cola.
Ficha técnica:
NARON: Aarón (Pablo), Roberto, Rubén, Bruno, Mario, Jose (Luís), Rodrigo (Xabier),Borja (Brais), Bouza, David e Samuel (Pablo).
Adestrador: Alejandro Padín Leal.
Delegado: Marino Rodríguez Calderón.
NUMANCIA: Álvaro, Álex, Lemos, Raúl, Pablo Ferro; Adrián, Luís, Fran, José Carlos, Antón e Cristian (Pablo Cavezza).
Adestrador: Daniel Iglesias Montero.
Delegado: Javier Aneiros Martínez.
Colexiado: Pablo Carballal Mora. Expulsou a José Carlos (Numancia) e a Mario (Narón) e amoestou a David (Narón).
GOLES:
1 - 0 (17') BRUNO
2 - 0 (21') MARIO
3 - 0 (25') SAMUEL
4 - 0 (27') BOUZA
4 - 1 (29') PABLO FERRO
4 - 2 (38') ADRIAN
5 - 2 (48') DAVID
6 - 2 (74') DAVID
COMENTARIOS DE PABLO FERRO:
1. A XOGADA DO PARTIDO: Para min foi o noso segundo gol, no que Adrián mandou un gran balón a Antón e definiu moi ben.
2. CLAVE: Non creo que houbera unha xogada clave que influíra no resultado, pero algo que puido influír foron as expulsións.
3. ACTUACIÓN PERSOAL: Non estou nin moi satisfeito nin moi decepcionado, creo que xoguei un partido normal, e positivamente quédome co gol e debo mellorar nunha elaboración de xogo máis rápida.
4. O EQUIPO: Tivemos moitos erros en defensa, xa que sempre nos collían as costas, e exceptuando iso, xogamos un partido regular no que debemos esforzarnos máis.
5. O RIVAL: Son un bo equipo, non destacaría a ningún xogador en concreto, xogaron un mellor partido que nós que lles permitiu levarse a vitoria.