Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 0 - MEIRÁS, 1
 
 

CADETES. NUMANCIA, 0 - MEIRÁS, 1

MAL PARTIDO DOS ARESÁNS

Quinta xornada correspondente ó campionato de Liga Local de Cadetes Coca Cola Grupo 3 que finalizou coa vitoria do Meirás. Ao descanso chegouse coa vitoria visitante por 0 - 1.

 

 



Ares, 20 de decembro de 2014.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Álvaro, Javi, Raúl, Alex (Cristián), Adrián, Antonio (Nacho), Antón, Pablo (C), Luís, P. Cavezza (Carlos) e Fran.

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º adestrador: Antonio Vilar Carballeira.

Delegado: Javier Aneiros Martinez.

MEIRÁS: Borja, Carlos, Miguel (Oscar), Iago, Raúl Nieto, Jose, Javier (Jorge), Raúl Montero, Aarón (Alberto), Álvaro e Pablo (Fernando).

Adestrador: Jorge Andrés López Piñón.

Delegado: José Sedes Villar.

COLEXIADO: Adrián González Franco. Amoestou con tarxeta amarela a Carlos do Meirás e a Adrián e Javi do Numancia.

GOLES:

0 – 1: Miguel (min. 31), penalti cometido por Alex que transforma Miguel.

COMENTARIO:

Unha primeira metade onde os aresáns saíron durmidos, sen intensidade, e os visitantes xogaron mellor que nos. Xa nos primeiros 10 minutos os visitantes tiveron dúas claras ocasións de gol trás sendos fallos defensivos dos locais. Os aresáns non crearon ningunha ocasión clara de gol nesta metade. No minuto 31, nun contragolpe os visitantes marcaron a través dun penalti feito por Alex. E non deu tempo para nada mais, chegándose ao descanso coa merecida vitoria dos visitantes por 0 - 1.

Na segunda metade, os aresáns seguiron igual, sen intensidade, sen gañas e sen apenas ocasións de gol. O Meirás meteu moitos xogadores na súa área renunciando ao ataque e defendéronse con moito orde. So Luis cun disparo que saíu rozando o pau, foi o único remate con certo perigo dos locais. Ao final goles son amores, e derrota xusta dun Numancia cadete que non reacciona.

O equipo cadete do Numancia retomará a competición oficial o próximo 10 de xaneiro, xornada na que os de Ares visitarán as instalación de O Cadaval (Piñeiros) para enfrontarse o Narón Balompe Piñeiros.

Dende a ADR Numancia de Ares desexámoslle a toda a familia numantina unhas Felices Festas e un Prospero Año 2015.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.



Numancia de Ares. Felices Festas.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.