Inicio Noticias Cadetes CADETES. PRESENTACIÓN DO EQUIPO
 
 

CADETES. PRESENTACIÓN DO EQUIPO

cadetes. Numancia 2009-2010O equipo de cadetes do Numancia vai ter a súa presentación e comezo dos adestramentos o vindeiro luns, 17 de agosto ás 19.00 h. en Prados Vellos.
Nesta nova campaña, volve a exercer coma adestrador un dos grandes do Numancia, Fran Bardanca, todo un exemplo de entrega e amor polas cores numantinas. Ao seu carón, e como axudante, incorpórase Dani Iglesias quen despois dunhas temporadas cos infantís, dá o salto de categoría.
Para esta primeira xornada están convocados os seguintes xogadores: Ángel, Antonio, Brayan, Carlos, Cristian, Dani Cartelle, Dani Fuentes, Edu, Javi, Pepe, Miguel López, Miguel Piñeiro, Quique, Ricardo, Roque e Xaime. Tamén comezarán os adestramentos os infantís Juan Escudero, David López e Adrián.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.