Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 2 - ORTIGUEIRA, 3.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 2 - ORTIGUEIRA, 3.

DESEXAMOS UNHA PRONTA RECUPERACIÓN DE RAUL


Terceira xornada correspondente ó campionato de Liga Local de Cadetes Coca Cola Grupo No.3 que finalizou coa vitoria dos visitantes. Ao descanso chegouse coa vitoria dos aresáns por 2 - 0.


Prados Vellos, 6 de decembro de 2014.


FICHA TECNICA


NUMANCIA: Álvaro, Carlos, Javi (Marcos), Raul (Cristián), Pablo (C), Adrián, Luis, Fran, P. Cavezza, Antón e Nacho (Antonio).


Adestrador: Daniel Iglesias Montero.


2º adestrador: Antonio Vilar Carballeira.


Delegado: Javier Aneiros Martinez


ORTIGUEIRA: Daniel (Juan), Borja, Adrián Núñez, Jose Javier, Andrés (C), Diego, Jorge (Pablo), Brais (Adrián Ben), Sergio (Adrián Rubido), Alberto (Álvaro) e Rafael Alexandre.


Delegado: Valentín Calvin Fondevila.


COLEXIADO: Diego Bouza Pena. Amoestou con tarxeta amarela aos xogadores Adrián e Fran do Numancia.


GOLES:


1 – 0: Luis (min. 3) – Claro penalti feito a Anton que transforma Luis.


2 – 0: Luis (min. 6) – Gol olímpico de Luis dende o córner en banda dereita.


2 – 1: Jorge (min. 43) – Balón roubado no centro do campo por Andrés, pasa ao dianteiro e bate ao porteiro aresán.


2 – 2: Rafael Alexandre (min. 58) – Balón roubado no centro do campo, e rápido contragolpe dos visitantes con pase a Rafael quen bate a Álvaro.


2 – 3: Rafael Alexandre (min. 74) – Pase ás costas da defensa e Rafael moi rápido bate a Álvaro cun gran disparo. 


COMENTARIO


Unha primeira metade onde os aresáns saíron con moita intensidade e tendo o dominio do xogo. Así nos primeiros 5 minutos marcabamos dous goles que nos daban certa vantaxe no marcador. Os visitantes apenas dispuxeron de ocasións de gol e a nosa defensa non pasaba por moitos apuros. Logo o Numancia dispuxo dalgún contragolpe pero non soubemos materializalo.


Pero no minuto 25, aconteceu a xogada que marcou o partido, o central numantino, Raul, tras un choque fortuíto e posterior mala caída, empezou a ter fortes convulsións, parándose o partido durante 35 minutos, ata que a ambulancia o levou para o hospital. Posteriormente reanudouse o partido, e tras quince minutos sen nada que resaltar, chegouse ao descanso coa vitoria dos aresáns por 2 - 0.


Na segunda metade os aresáns moi afectados polo ocorrido co seu compañeiro, intentaron facer o posible por xogar ao fútbol, pero o Ortigueira fíxose co dominio do partido, e empezaron a chegar con certo perigo á portería defendida por Álvaro. Ao final os visitantes conseguiron facerse cos tres puntos.


Agradecer e felicitar o comportamento da nosa afección, ao colexiado e afeccionados do Ortigueira. Desexamos unha pronta recuperación de Raul e esperamos velo pronto xogando co seus compañeiros de cadetes.


Unha apreta moi forte Raul !!!!.


Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.


 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.