Inicio Noticias Cadetes CADETES. G. DE CARANZA "B", 1 - NUMANCIA, 3.
 
 

CADETES. G. DE CARANZA "B", 1 - NUMANCIA, 3.

PARTIDAZO DOS ARESÁNS

Segunda xornada correspondente ó campionato de Liga Local de Cadetes Coca Cola Grupo No.3 que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse con empate a ceros.

 


Caranza, 29 de novembro de 2014.

FICHA TECNICA

GALICIA DE CARANZA “B”: Bruno Noya (Bruno Penas), Luis (Marcos), Javier Lopez (Xoan), Edgar, Sergio (Alejandro), Oscar, Diego, Jose Luis, Álvaro Freire (Álvaro Tenreiro), Javier Luaces (C) e Iván.

Adestrador: Rogelio Rey Abad.

Delegado:David Pérez Fernández.

NUMANCIA: Álvaro, Alex, Javi (Marcos), Raul, Pablo Ferro (C), Adrián, Carlos (Antonio), Fran, Nacho (Pablo Cavezza), Antón e Luis (Cristian).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º adestrador: Antonio Vilar Carballeira.

Delegado: Javier Aneiros Martinez.

COLEXIADO: José A. Rodríguez Dopico. Amoestou a Edgar e Jose Luis do Caranza e a Antón e Fran do Numancia. Expulsou a Alex do Numancia.


GOLES:Numancia de Ares.

0 – 1: Pablo (min. 48) – Pablo rouba o balón e lanza o contragolpe con pase a Cavezza, quen fai a parede con Pablo que marca cun gran disparo ante a saída do porteiro local.

1 – 1: Jose Luis (min. 51) – Marca de penalti por mans de Alex na liña de gol.

1 – 2: Álvaro (p.p.) (min. 55) – Falta botada por Antón que toca Javi e tamén nun defensor local que marca en propia porta.

1 – 3: Raul (min. 58) – Córner por banda esquerda e remate de Raul sen oposición dentro da área pequena.


COMENTARIO:

Unha primeira metade onde os aresáns saíron ben plantados no campo, aínda que o Caranza tiña o dominio do xogo, ainda que non nos crearon ningunha clara ocasión de gol. A partir dos 10 primeiros minutos o Numancia tivo o control do xogo durante 15 minutos e dispuxo de dúas claras ocasións de gol sen sorte. Nos últimos 15 minutos, o Galicia tiña a pelota e o dominio do xogo aínda cos aresáns defendíase con moito orde , Os locais puxéronnos en moitos apretos pero chegouse ao descanso con empate a 0 – 0.

Na segunda metade, os aresáns seguiron igual, coa mesma intensidade e tendo o control do xogo. Nos primeiros 20 minutos desta metade decidiuse o partido. Nunha boa xogada combinativa os aresáns conseguían adiantarse no marcador. Logo o Caranza empatounos cun claro penalti feito por Alex, coa consecuente expulsión. Quedamos con 10 no campo e aínda así xogamos os mellores minutos do partido, no que conseguiamos 2 goles mais en xogadas a balón parado. Temos que salientar o gran traballo defensivo dos visitantes, xa que o Galicia, nesta segunda metade, non dispuxo de ningunha clara ocasión de gol. Ao final, gran vitoria dos aresáns por 1 - 3.

En resumo, moi bo partido dos aresáns, noraboa rapaces. A seguir así.

Na seguinte fin de semana, ven a Prados Vellos o Ortigueira, no que agardamos manter este gran nivel de xogo. O partido será o sábado 6, ás 16:15 h.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificacións e fichas técnicas desta xornada.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.