Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 4 – PORTUARIOS “B”, 5.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 4 – PORTUARIOS “B”, 5.

VÍTIMAS DOS SEUS ERROS.


Undécima e última xornada correspondente ó campionato de Copa Local de Cadetes no grupo 1º que finalizou coa vitoria visitante. Ao descanso chegouse coa vitoria aresán por 4 - 1.


Prados Vellos, 15 de novembro de 2014


FICHA TECNICA


NUMANCIA: Álvaro, P. Cavezza, Raúl, Javi, Alejandro (F. Romaus), Fran, Carlos, Luis, Pablo (C), Cristián e Nacho.


Adestrador: Daniel Iglesias Montero.


2º Adestrador: Antonio Vilar Carballeira.


Delegado: Javier Aneiros Martínez.


PORTUARIOS “B”: Cristián (Jose), Cándido, Adrián, Marcos, Jaime, Fernando, David, Manuel, Gonzalo, Roberto e Alexandre (C).


Adestrador: Miguel A. Varela Docampo.


Delegado: Miguel Rodriguez Mosquera.


COLEXIADO: Diego Bouza Pena. Amoestou a Marcos e Manuel do Portuarios “B” e a Álvaro e Javi do Numancia.


GOLES:


1 – 0: Pablo (min. 6) – Balón recuperado no centro do campo, pase as costas da defensa e Pablo marca ante a saída do porteiro visitante.


2 – 0: Pablo (min. 7) – Contragolpe dos aresáns, pase as costas da defensa e Pablo moi rápido, marca ante a saída do porteiro visitante.

 

3 – 0: Nacho (min. 12) – Centro de Carlos por banda dereita, rexeite dun defensa e Nacho moi atento, marca á altura do punto de penalti.


3 – 1: Alexandre (min. 29) – Xogada por banda esquerda dos visitantes con centro á área e o dianteiro visitante marca ante a saída do porteiro local.


4 – 1: Pablo (min. 37) – Xogada polo centro con pase de Fran a Pablo, quen marca ante a saída do porteiro visitante.


4 – 2: Fernando (min. 43) – Xogada por banda dereita, centro ao segundo pau e remate sen oposición do interior esquerdo do Portuarios.


4 – 3: Roberto (min. 50) – Fallo defensivo dos aresáns e Roberto moi atento marca sen oposición.


4 – 4: Alexandre (min. 63) – Xogada por banda dereita, centro á área e Álvaro, o porteiro aresán non é capaz de atallar o balón, deixándoo morto dentro da área pequena e o dianteiro visitante marca a pracer.

.

4 – 5: Gonzalo (min. 76) – Fallo do porteiro aresán quen ao sacar de porta, dálle mal ao balón, o que aproveita o dianteiro do Portuarios marcando a pracer.


COMENTARIO:


Unha primeira metade onde os aresáns foron moi superiores a seu rival. Nos primeiros 20 minutos, os locais meteron 3 goles e puideron ser algún mais de non ser polo porteiro visitante. Os aresáns tiveron o control do partido e os visitantes defendíanse como podían ante o acoso do equipo local. Nun fallo defensivo dos aresáns, o Portuarios metíase no encontro cun 3 - 1 pero antes do descanso, Pablo marcaba o seu tercer gol e deixaba o marcador ao descanso coa clara vitoria dos aresáns por 4 - 1. Moi ben os rapaces nesta metade.


Na segunda metade os aresáns saíron durmidos, sen ganas, coma si o encontro estivera xa rematado. E non foi así. Froito de graves fallos defensivos e do porteiro aresán, os visitantes lograron darlle a volta ao marcador. O Numancia nesta segunda metade non tirou ningún tiro na porteira visitante. Nesta metade, mal moi mal os locais, ante un equipo o Portuarios que estaba noqueado no descanso e sen facer un gran partido levábase os 3 puntos de Prados Vellos. Visto a segunda metade que fixemos, ao final, xusta derrota, cun resultado que facía xustiza ao visto no terreo de xogo.


Rematado o campionato de Copa Local de Cadetes no grupo No.1, acadamos a sétima praza do grupo con 11 puntos, con 3 vitorias, 2 empates e 5 derrotas.


Na seguinte fin de semana, empezamos a xogar o campionato de liga Coca Cola dentro do grupo 3, en Prados Vellos, ante o Cariño. Os equipos integrados neste grupo competirán polo título de liga e polas dúas prazas que dan dereito a xogar a fase de ascenso a liga galega.


Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.


 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.