Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 1 – NARON, 4.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 1 – NARON, 4.

MAGOA DOS PRIMEIROS VINTE MINUTOS DOS ARESANS.


Novena xornada correspondente ó campionato de Copa Local de Cadetes no grupo No.1 que finalizou coa vitoria visitante. Ao descanso chegouse coa vitoria visitante por 0 - 3.


Ares, 1 de novembro de 2014


FICHA TECNICA


NUMANCIA: Álvaro, Carlos (P. Vascos), Raul, Javi (Dani), Antonio (Marcos), Adrián, P. Cavezza, Fran, Alex, Luis e Pablo (C).


Adestrador: Daniel Iglesias Montero.


2º Adestrador: Antonio Vilar Carballeira.


Delegado:  Javier Aneiros Martinez.


NARON: Aarón (Pablo Piñón), Roberto, Samuel, Luis, Bruno, Jose, Rodrigo (Xabier), Borja, Alejandro (C), Brais (David) e Diego (Pablo Gutierrez).


Adestrador: Alejandro Paadin Feal.


Delegado:  Marino Rodríguez Calderón.


COLEXIADO:  Miguel A. Piñon Lopez.  Amoestou a Borja Anidos do Narón e a Carlos do Numancia.


GOLES:


0 – 1: Samuel (min. 5) – Centro por banda esquerda dos visitantes, Carlos non é capaz de despexar o balón e Samuel moi atento marca a pracer.


0 – 2: Alejandro (min. 11) – Centro dun xogador do Narón ás costas da defensa e Antonio rompe o fora de xogo e o dianteiro dos visitantes marca cunha vaselina ante a indecisión de Álvaro.


0 – 3: Alejandro (min. 17) – Fallo defensivo e o dianteiro visitante marca sen oposición.


1 – 3: Luis (min. 64) – Gran gol de Luis escorado por banda dereita que sorprende ao porteiro visitante.


1 – 4: Xabier (min. 76) – Tiro dun xogador visitante dende fora da área que toca en Adrián con tan mala sorte co seu despexe lle cae ao interior esquerdo do Narón quen marca a pracer.


COMENTARIO:


Unha primeira metade onde os aresáns saíron durmidos e os visitantes nas tres primeiras ocasións de gol que tiveron, marcáronnos 3 goles. Xogamos uns 20 primeiros minutos penosos, os peores da temporada, sobre todo en defensa, cousa que aproveitou o Narón para irse no marcador, poñendo case imposible para os locais. Despois, o Numancia so creaba perigo nas xogadas a balón parado ante un rival que sen facer un gran partido conseguía chegar ao descanso cunha clara vitoria 0 - 3.


Na segunda metade os aresáns saíron con mais gañas pero o Narón defendíase con moito orde e apenas creabamos ocasións de gol. Nunha xogada individual Luis conseguía reducir o marcador a 1 - 3. Pero todo seguía igual, os visitantes defendíanse moi ben ante as chegadas ofensivas dos locais. Nunha xogada de mala sorte o Narón marcaba un cuarto e definitivo gol, e non houbo tempo para mais.


Na seguinte fin de semana, vamos ao campo do Miño, onde desexamos que os cadetes melloren a imaxe dada, sobre todo, nos primeiros 20 minutos contra o Narón.


Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.

 

 

 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.