CADETES. NUMANCIA, 4 – R. SAN PEDRO, 4.

UN TEMPO PARA CADA EQUIPO

Sexta xornada correspondente ó campionato de Copa Local de Cadetes no grupo No.1 que finalizou con empate. Ao descanso chegouse coa vitoria visitante por 1 - 3.

 


Prados Vellos, 11 de outubro de 2.014.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Álvaro (Jorge), Carlos (Cristián), Raul, P. Cavezza, Antonio (Luis), Javi, Pablo (C), Adrián, Alex, Fran e Marcos (Saul).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º Adestrador: Antonio Vilar Carballeira.
.
Delegado: Javier Aneiros Martínez.

R. SAN PEDRO: Adrián Diaz, Iago, Enrique, Pablo (C) (Javier Cuadrado), Acevedo, Ivan, Gabriel (Sucri), Andrés, Javier Garcia, Gilmar (Cristián) e Douglas (Santiago).

Adestrador: Cristián López Sánchez.

COLEXIADO: Rodrigo Serrano Naveiras. Amoestou a Javier Garcia do R. San Pedro e a Adrián do Numancia.

GOLES:

0 – 1: Douglas (min. 27) – Centro por banda esquerda ás costas da defensa e o dianteiro visitante moi atento marca ante a saída de Álvaro.

0 – 2: Douglas (min. 31) – Córner por banda dereita dos visitantes e o dianteiro moi atento aproveitase do erro da defensa local e marca cun disparo dentro da área pequena.

0 – 3: Andrés (min. 39) – Gran disparo de volea do xogador visitante que entra pola mesma escuadra. Golazo.

1 – 3: Alex (min. 40) – Centro de falta en banda esquerda botada por Adrián, e erro do porteiro visitante que non atalla o balón, Alex moi rápido marca sen oposición.

2 – 3: Raúl (min. 42) – Centro de falta en banda esquerda botada por Fran, e Raúl anticipase e marca de cabeza ante a dúbida entre o porteiro e un defensa visitante.

2 – 4: Andrés (min. 57) – Erro de Javi en defensa, no que un xogador visitante róuballe o balón e marca nun man a man contra o porteiro local.

3 – 4: Alex (min. 67) – Córner por banda dereita de Fran e tras algúns rexeites, o balón quédalle a Alex quen sen oposición marca a pracer.

4 – 4: Alex (min. 75) – Gran centro de Luis ás costas da defensa e Alex moi atento marca ante a indecisión do porteiro visitante.

COMENTARIO: Numancia de Ares.

Unha primeira metade onde os aresáns saíron con moitas precaucións defensivas ante o dominio de xogo dos visitantes. Eles levaron o peso do partido e tiveron as primeiras dúas claras ocasións de gol, pero os seus dianteiros non estiveron moi acertados. Froito dese dominio chegaron 3 goles do R. San Pedro en apenas 12 minutos, que poñía o marcador moi costa arriba para os locais. O Numancia nesta primeira metade so creaba perigo nas xogadas a balón parado e no minuto 40, Alex conseguía marca un gol dos locais que daban esperanzas á posible remontada. Así chegouse ao descanso coa clara vitoria dos visitantes por 1 - 3 e temos que dar grazas polo marcador.

Na segunda metade os aresáns saíron a tope e nada mais empezar Raúl marcaba un gol que apretaba aínda mais o marcador. Seguimos creando ocasións de gol, pero o balón non quería entrar na porteira visitante, ata que nun erro defensivo do Numancia, os visitantes marcaban outro gol que parecía sentenciar o partido. Pero nos últimos 15 minutos de xogo, os aresáns a base de empuxe empezaron a crear ocasións de gol e conseguiron empatar o partido. Ao final, os aresáns tiveron dúas claras ocasións de gol a través de Fran pero o balón non quixo entrar. Finalmente, empate, un resultado que facía xustiza ao visto no terreo de xogo.

Na vindeira fin de semana, vamos ao campo do Galicia de Caranza, e desexamos que os cadetes melloren a imaxe dada na primeira parte contra o Racing San Pedro.

 

 

PICA AQUI para ver os resultados da xornada e a clasificación xeral.


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.