Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 4 – MEIRAS 2.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 4 – MEIRAS 2.

CUESTIÓN DE EFICACIA

Partido correspondente á 4ª xornada da copa cadete no seu grupo A, disputado na tarde de sábado en Prados Vellos entre o Numancia e o Meirás, e que finalizou con vitoria do equipo local. Ao descanso o resultado era de empate a uns.

 


Ares 27 de setembro de 2014

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Álvaro (Jorge), José Carlos (Iván), Adrián, Raúl, Antonio, Javi, Martín, Fran, Alex, Luís e Pablo (C).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

Delegado: Antonio Vilar Carballeira.

MEIRAS: Borja (Iván), Carlos, Saulo (Iago Pérez), Iago Miguez, Raúl Nieto, Javier (Pablo), Miguel (Alberto), José Manuel, Adrián, Raúl Montero (C) e Aarón (Óscar).

Adestrador: Manuel Luaces López.

Delegado: José Sedes Vilar.

ARBITRO: Jeisson Aguado Castaño. Amosoulle cartón amárelo a os locais José Carlos e Adrián, polo Meirás vironno Carlos, Miguel e Raúl Montero.

GOLES:

Numancia: Alex (2) e Martín (2).

Meirás: José Manuel e Adrián.

 

 



Primeira parte que comezaba co Meirás tomando a iniciativa do xogo e embotellando aos de Ares no seu campo que trataban de reaccionar saíndo á contra. Nunha delas tiveron os locais unha das súas mellores ocasións de gol neste primeiro período nun man a man de Pablo ante o porteiro pero o dianteiro aresano non resolveu. Na xogada seguinte chegaba o primeiro gol dos visitantes precedido dun saque de esquina que José Manuel remata dentro da área, Álvaro toca o balón pero non impide que éste supere a liña de gol, corría o minuto 16.

O Meirás co gol veuse arriba dispoñendo de novas ocasións para aumentar a diferenza, as máis claras un saque de esquina que se pasea pola área sen encontrar rematador, e un disparo de Carlos dende a frontal que marcha fora.

Sobre a media hora de xogo chegaría o empate dos aresanos. Éste viría precedido dunha falta que Luís colga á área, e que o xogador infantil Martín, remataba no segundo pau á caída batendo o porteiro por arriba. Este gol deu ánimos aos locais, que conseguiron a igualada no marcador, e no xogo, ata o descaso, ao que se chegaría con empate a uns.

Comezaba a segunda metade co Meirás que tomaba de novo a iniciativa, pero no minuto 48 se encontraba cun novo gol en contra. Un balón en profundidade ás costas da defensa, Alex en pugna polo balón gañalle a partida Raúl, dispara a porta ante a oposición de Iago Miguez e Iván o porteiro ao que bate por arriba, 2 - 1.

O partido transcorreu sen dominador claro do xogo, os de Ares trataban de sorprender á contra aproveitando os espazos e a defensa adianta dos de Meirás, que o intentaba a balón parado, posto que as chegadas a porta xa non eran tan claras como no primeiro tempo.

Dunha xogada a balón parado chegaría o empate visitante, corría o minuto 60, córner que bota o Meiras e rexeita a defensa local, novo disparo a porta que rexeita o porteiro infantil Jorge, o rexeitamento aprovéitao Adrián libre de marca para coar o balón entre o pau e o gardameta aresano, 2 - 2.

Pouco duraría a alegría do Meirás posto que apenas transcorridos dous minutos, Martín controlaba co peito un centro no punto de penalti, cae o balón ao chan, bota, e na caída o dianteiro aresán dispara bombeado sorprendendo por arriba ao meta Iván, 3 - 2.

Este gol fixo moito dano ao Meirás que quedou fóra de combate durante algúns minutos. Ao final do partido, rexurdiron de novo e volveron a embotellar aos de Ares no seu campo, pero os numantinos defenderon o resultado con uñas e dentes. As xogadas a balón parado foron as mellores opcións para o Meirás, e as contras, para os de Ares.

Dunha desas contras chegaría o gol que mataba definitivamente o partido. Novo balón ás costas dos visitantes, Alex vaise por velocidade dos defensores, intérnase na área cara á dereita e bate a Iván na súa saída. Este último gol aresano daría pouco despois paso ao asubío final do tempo regulamenterio.

O vindeiro fin de semana os de Ares visitarán as instalación de O Pote para enfrontase o Maniños

PICA AQUI para ver os resultados da xornada e a clasificación.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.