Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 2 - RACING C. FERROL “B”, 3
 
 

CADETES. NUMANCIA, 2 - RACING C. FERROL “B”, 3

PARTIDAZO NA 2ª METADE DOS ARESÁNS.


Segunda xornada correspondente ó campionato de Copa Local de Cadetes no grupo No.1 que finalizou coa vitoria dos visitantes. Ao descanso chegouse coa vitoria visitante por 1 - 3.


Prados Vellos, 15 de setembro de 2014.


FICHA TECNICA:


NUMANCIA: Álvaro, Carlos, Adrián, Raúl, Pablo, Javi, Antonio (Jaime), Fran, Alex, Luis e Marcos (Dani).


Adestrador: Daniel Iglesias Montero.


2º adestrador: Antonio Vilar Carballeira.


Delegado: Javier Aneiros Martinez.


RACING C. FERROL “B”: Lois (Marcos), Alejandro Lopez (Miguel), Daniel Breijo, Mario (Daniel Rey), Daniel Otero, Eduardo (David), Alejandro Lama, Luis, Manuel (Diego), Cibrán e Fernando.


Adestrador: Ignacio Garcia Rodriguez.


Delegado: José Vicente Seoane Rey.


COLEXIADO: David Sierra Pereira. Amosoulle tarxeta vermella a Adrián e ao adestrador do Numancia.


GOLES:


0 – 1: Luis (min. 4) – Despexe de Adrián de cabeza e bolea de Luis dende o borde da área que bate ao porteiro local.


0 – 2: Luis (min. 10) – Saque de banda de Marcos a Luis, a quen Luis lle saca o balón e forte disparo dende fora da área que bate a Álvaro.


0 – 3: Cibrán (min. 23) – Falta sacada polo Racing por banda dereita, Raúl despexa de cabeza e bolea de Cibrán dende o vértice da área que bate a Álvaro.


1 – 3: Alex (min. 25) – Contragolpe dos aresáns con pase de Javi ás costas da defensa visitante, e Alex moi rápido marca ante a saída do porteiro racinguista.


2 – 3: Dani (min. 67) – Bolea espectacular de Dani dende 30 mtrs que bate por alto ao porteiro visitante.


COMENTARIO


Unha primeira metade onde os aresáns saíron con moitas precaucións defensivas ante o dominio de xogo dos visitantes, no que nos primeiros 20 minutos encaixamos 3 goles. No minuto 25, nun contragolpe do Numancia, Alex marcaba o primer gol dos aresáns que daban certas esperanzas para intentar acercarse ao marcador. Ao final chegouse ao descanso coa vitoria do Racing por 1 - 3.


Na segunda metade os aresáns saíron con outra mentalidade e a base de empuxe, garra e presión tivemos o dominio do xogo, e así empezaron a chegar as ocasións de gol. No minuto 45, prodúcese unha xogada dubidosa, na que Pablo vaise cara a gol, e o último defensa do Racing intenta derribalo e o seu disparo pega no travesaño da portería visitante. Logo tivemos outra ocasión de gol cunha volea de Dani, no minuto 57, que sae pegada ao longueiro. Ata ese momento os visitantes non tiraron ningún tiro na nosa portería. No minuto 67, Dani fai o golazo da tarde cunha volea espectacular dende 30 mtrs que sorprende ao porteiro visitante. Este gol daba esperanza aos locais para remontar o partido. Os visitantes empezaron a poñerse nerviosos, mentres que os aresáns pensaban, que podían empatar o partido. No minuto 65, Pablo ten un man a man, contra o porteiro do Racing, magoa, que o seu disparo vaise fora pegado au pau. De aí ao final, moito empuxe dos locais, pero sen moita sorte, chegándose ao final cun resultado que non facía xustiza ao visto no terreo de xogo, cunha vitoria dos visitantes por 2 - 3. Unha magoa, pero a pesar da derrota, partidazo dos rapaces nesta 2ª parte, ante un Racing que apenas creou perigo na portería defendida por Álvaro.


En resumo, partidazo, noraboa rapaces. A seguir así.


O próximo fin de semana, viaxamos ao campo do Ortigueira, onde xogamos contra outro dos equipos fortes encadrados no grupo 1 e no que agardemos manter este gran nivel de xogo.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.