Inicio Noticias Cadetes CADETES. ANIMAS, 0 - NUMANCIA, 3.
 
 

CADETES. ANIMAS, 0 - NUMANCIA, 3.

MOI BO COMEZO NA COPA.

Primeira xornada correspondente ó campionato de Copa Local de Cadetes no grupo No.1 que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse coa vitoria visitante por 0 - 3.


A Gándara, 12 de setembro de 2.014.

FICHA TECNICA:

ANIMAS: Adrián, Fernando, Tomás, Walter, Miguel, Álvaro, Cristián (Bruno), Andrey Manuel, Yago, Xaquin (Gaizka) e Alejandro Gabarre (Adrián Romero).

Adestrador e delegado: Guillermo Zaragoza.

NUMANCIA: Álvaro, Antonio (Dani), Adrián, Raúl, Pablo, Javi, Carlos, Fran, Alex (Martin), Luis (Jorge) e Marcos (Iván).

Adestrador : Daniel Iglesias Montero.

2º adestrador: Antonio Vilar Carballeira.

D :  Javier Aneiros Martinez.

COLEXIADO: Jose L. Corral Franco. Amoestou con tarxeta amarela a Fernando do Animas.

GOLES:

0 – 1: Pablo (min. 13) – Balón recuperado en defensa, pase a Pablo quen en xogada persoal pola banda bate ao porteiro local na súa saída.

0 – 2: Alex (min. 23) – Saque de banda de Marcos a Fran, quen regatea ao seu defensor e da un pase a Alex no vértice da area pequena, quen cun forte disparo, bate ao porteiro do Animas.

0 – 3: Adrián (min. 38) – Córner botado por Luis e Adrián no primeiro pau remata de cabeza sen oposición.

COMENTARIO:

Unha primeira metade con claro dominio visitante, onde os aresáns levaron o peso do partido, con moi boas xogadas combinativas, contraataques, presión, e ademais estiveron moi acertados cara a gol. O equipo local estaba desbordado ante as acometidas dos aresáns e en ataque non creaba perigo e só con algunha falta ou córner inquietaban á porteira defendida por Álvaro. O Numancia fixo unha gran primeira metade, chegándose ao descanso cunha clara vitoria por 0 - 3.

Na segunda metade os aresáns baixaron un pouco o ritmo e aínda así dispuxeron de claras ocasións de gol para incrementar o marcador, cun penalti fallado por Raúl e con dúas claras ocasións de Pablo, paradas polo porteiro local. O Animas non dispuxo de ningunha clara ocasión de gol.

En resumo, moi bo partido dos aresáns onde no descanso xa deixou finiquitado o partido. Noraboa rapaces.

O seguinte partido e hoxe, luns as 20:00 h en Prados Vellos contra un dos gallitos da competición o Racing C. Ferrol “B”.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.