Inicio Noticias Cadetes CADETES. FINAL COPA DELEGACIÓN DE FERROL. MEIRAS, 5 - NUMANCIA, 0.
 
 

CADETES. FINAL COPA DELEGACIÓN DE FERROL. MEIRAS, 5 - NUMANCIA, 0.

DERROTA DEPORTIVA; VITORIA SOCIAL

Partido correspondente a Final da Copa Cadete de Ferrolterra disputado na tarde do sábado no campo de A Gándara - 2 que rexistrou unha gran entrada.

 


Ferrol, 24 de maio de 2014.

FICHA TECNICA

MEIRAS: Sergio, Santiago, Miguel Ausin, Oscar (José), Samuel, Iago (C), Pablo, Miguel Caeiro (Daniel), Alejandro, Muriel (Raúl) e Miguel Pena (Diego).

Adestrador: Alejandro M. López Aneiros.

Delegado: Manuel A. López Carro.

Delegado de campo: Jesús Mera García.

NUMANCIA: Fernando (Antonio), Emi, Oscar (C), Pablo Cartelle, Carlos Piñeiro (Carlos Vázquez), Jose (David), Pablo Ferro, Fran, Sergio, Antón (Nico) e Raúl (Adrián).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º adestrador: Fernando Pereiro Rubianes.

Delegado: Javier Aneiros Martínez.

ARBITRO: D. Martín Zakaryan, asistido nas bandas por D. Antonio José Jaime Tortolero e Pablo Carballal Mora. Amoestou a Miguel Caeiro e Santiago polo Meirás, polo Numancia tamén viron a cartón amárelo Oscar, Nico, David e Pablo Cartelle.

CRÓNICA:

Chegaba o dia “F” de final para os cadetes do Numancia e para a familia numantina. O escenario era inmellorable. Un terreo de xogo impecable e unhas bancadas repletas de seguidores do Numancia adornaban a festa do fútbol cadete. ¡¡¡A xogar¡¡¡

Falando do partido, os primeiros minutos foron de tanteo e de nervios por parte de ambos equipos. Os rapaces foron soltándose co paso dos minutos e as ocasións comezaban a chegar. Os verdinegros obrigaban o porteiro do Numancia, Fernando a traballar e facer paradas de moito mérito. Os numantinos buscaban a velocidade de Sergio, Pablo e a calidade de Antón para levar perigo. Pero o certo é que o único gol na primeira metade foi obra de Pablo para o Meirás nunha bonita xogada persoal que culminaba este rapaz cun bonito disparo que batía a Fernando no minuto 29. Co resultado de 1 - 0 chegabamos ao descanso.

Na reanudación os de Valdoviño foron bastante superiores. O 2 - 0 conseguido por Alejandro no minuto 45 foi un mazazo para os numantinos. Os rapaces do Numancia non baixaron os brazos pero a superioridade física dos verdes era patente. A Marea Vermella cantaba o famoso, ¡¡¡SI SE PUEDE¡¡¡ para animar aos nosos xogadores. Pero o 3 - 0 obra de novo de Alejandro no minuto 64 foi un mazazo insuperable para os de Ares. No último tramo de partido cun Numancia entregado e abatido os de Meirás conseguían dous novos goles por mediación de Diego no 77, e novamente Pablo dous minutos despois para establecer o 5 - 0 definitivo.

En resumo, superioridade verde no terreo de xogo que se reflexou no marcador da final. Felicitar ao Meirás CF polo campionato de Copa Cadete 2013-2014. É como non felicitar tamén a todos os compoñentes do Numancia que fixeron unha gran competición de Copa chegando ata a final. Co paso do tempo, os rapaces valorarán na sua xusta medida o vivido este sábado 24 de maio no campo de A Gándara, sendo subcampións de Copa e xuntando a Marea Vermella da que falamos a continuación. ¡¡¡¡Noraboa campións¡¡¡

Agora toca falar da aficción. Unha final é un acontecemento deportivo e social no que se disputan dous envites. Por un lado está o envite deportivo do que xa falamos antes e no que o Meirás foi superior. Por outro lado está o encontro social, no que desta vez gañamos e por goleada. Préto de 300 persoas de Ares déronse cita no campo de fútbol de A Gándara para encher as bancadas de cor vermello e para animar o equipo cadete. ¡¡¡Impresionante¡¡¡ Superáronse as exceptativas e tamén a afluencia das anteriores finais. Este sábado 24 de maio o campo de A Gándara foi testemuña de que o Numancia está moi vivo. Estiveron presentes compoñentes de todas as categorías dende modestos ata biberóns; encabezados polos seus corpos técnicos. Directivos, adestradores, delegados, xogadores, familiares, socios, afeccionados..... ¡¡¡Numantinos e aresáns¡¡¡¡ ¡¡¡Increíbles¡¡¡

¡¡¡MOITAS GRACIAS AFICCIÓN¡¡¡¡

Creo que o mais xusto para despedir esta crónica da final cadete (antes de que disfrutedes das magníficas fotografías que valen mais que mil palabras) é dicir:

¡¡¡GRANDES CADETES, ENORME NUMANCIA, SUBLIME MAREA VERMELLA E ORGULLO ARESÁN¡¡¡

O Numancia somos tod@s.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.