Inicio Noticias Cadetes CADETES. FINAL DE COPA "NUMANCIA DE ARES vs MEIRAS C.F."
 
 

CADETES. FINAL DE COPA "NUMANCIA DE ARES vs MEIRAS C.F."

¡¡¡TÍ MARCAS O PRIMEIRO GOL¡¡¡Escudo Meirás CF

 Este sábado 24 de maio é o día das finais. Real Madrid e Atlético de Madrid xogan a Final da Champions en Lisboa. Unha final que quedará en segudo plano debido a GRAN FINAL DA COPA CADETE entre Numancia de Ares e Meirás CF.

 



A partir das 16:15 no campo de herba natural de A Gándara en Ferrol, vermellos e verdinegros loitarán polo título da Copa de Ferrolterra cadete. Unha ocasión que pode ser única na vida deportiva dos rapaces de ambos equipos. Como non podía ser doutra maneira dende a SDR Numancia de Ares pedimos aos nosos xogadores, adestradores, familiares e aficionados de todos os equipos do Numancia (dende biberóns ata veteráns) e a todos os aresáns que acudan este sábado A Gándara para formar unha auténtica MAREA VERMELLA. Tod@s recordamos a final de xuvenís en Maniños ou a final da Copa Afaco xuvenil en San Sadurniño en temporadas anteriores. No campo houbo resultados dispares pero nas bancadas o Numancia venceu por goleada. ¡¡¡¡Esta vez non pode ser menos¡¡¡

Por todo iso, como sabemos que unha Final de Copa non se xoga todos os anos, queremos veros a todos o próximo sábado dende as 15:45 (para ir preparando ó ambiente) nas bancadas do campo de fútbol de A Gándara en Ferrol. Preparade as equipacións, bufandas, camisetas, bandeiras, pañoletas....do Numancia. Preparade tamén as gorxas, palmas, bocinas, bombos, tambores, cornetas, confetti, globos.... Preparádevos para a gran festa do Numancia; a Marea Vermella ten que invadir a Gándara para que os nosos rapaces cadetes vivan unha experiencia única que recorden durante toda as suas vidas.

¡¡¡¡ESTE SÁBADO AS 15:45 A MAREA VERMELLA TEN QUE INVADIR A GÁNDARA¡¡¡

O Numancia somos tod@s. Este sábado tod@s temos unha cita ineludbile co Numancia.

¡¡¡MOITA FORZA RAPACES¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Cadetes final de Copa "NUMANCIA vs MEIRAS".

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.