CADETES. NUMANCIA, 2 - EUME, 5.
OS DEZ ULTIMOS MINUTOS CONDENAN AO NUMANCIA.
Vixésimo-primeira xornada correspondente á Liga local Cadete grupo No.4 que finalizou coa vitoria dos visitantes. Ao descanso chegouse coa vitoria aresán por 1 - 0.
Prados Vellos, 10 de maio de 2014.
FICHA TECNICA
NUMANCIA: Antonio (Fernando), Raul, Emilio, David (Adrián), Piñeiro, Miguel, Pablo Ferro, Fran (Birama), Sergio, Antón e Luís (Nico).
Adestrador: Daniel Iglesias Montero.
Delegado: Javier Aneiros Martínez.
EUME: Jaime, Miguel Veiga, Miguel Allegue (Carlos Couce), Paulino, Sergio (Cristian), Jose M. Rodriguez, Ivan, Pablo, Christian (Borja), Daniel e Carlos Leira (Alejandro).
Adestrador: Juan A. Rodríguez Sanjose.
Delegado: Manuel Allegue Piñeiro.
COLEXIADO: Francisco López Gómez. Amoestou a Paulino e Miguel Veiga do Eume e a Piñeiro, Nico e Raul do Numancia.
GOLES:
1 – 0: Miguel (min. 18) – Falta botada por Fran e gran remate de cabeza de Miguel.
1 – 1: Daniel (min. 42) – Balón á espalda da defensa e Daniel rozando o fora de xogo, marca no man a man contra Fernando.
2 – 1: Sergio (min. 53) – Xogada individual de Sergio e gol tras regatear a seu defensor e batir ao porteiro eumés na súa saída.
2 – 2: Daniel (min. 70) – Balón botado á espalda da defensa, despiste defensivo e Daniel moi atento, marca ante a saída de Fernando.
2 – 3: Daniel (min. 72) – Saque do porteiro visitante cun balón á espalda da defensa e Daniel entrando dende atrás, marca ante a saída de Fernando.
2 – 4: Daniel (min. 76) – Xogada por banda dereita, con pase de Christian a Daniel quen marca a pracer libre de marca.
2 – 5: Borja (min. 80) – Outro fallo defensivo e Borja marca ante a saída de Fernando.
COMENTARIO:
Primeira metade no que saíron os dous equipos con moitas precaucións defensivas . Na primeira ocasión de gol dos aresáns, no minuto 18, marcan gol cun remate de cabeza de Miguel. Logo o Eume tivo o control do partido, intentando marcar algún gol, aínda que o porteiro aresán Antonio, tivo dúas moi boas intervencións nos minutos 25 e 38, chegándose ao descanso cunha vitoria local por 1 - 0.
Na segunda parte, o Eume saíu moito mais concentrado, presionando e marcando no minuto 42, nun despiste defensivo. Os aresáns voltaron a ter o control do partido, e nunha xogada persoal de Sergio, volveron a adiantarse no marcador. A partir do gol, parece que os locais foron perdendo forza, cousa que aproveitaron os visitantes. Nos últimos 10 minutos, os visitantes gañaron o partido metendo catro goles ante un Numancia borrado do partido.
En resumo, partido moi intenso e igualado nos primeiros 60 minutos, onde o equipo deu a cara, ante un Eume que se está a xogar o segundo posto do grupo, que lle da acceso a xogar a fase de ascenso á Liga Galega. Nos últimos 10 minutos, os aresáns tiraron o partido, vaia desastre, ante un rival que foi moi superior a nós.
Rematou a liga para os cadetes aresáns co seguinte balance, 22 puntos, en 20 partidos, con 7 vitorias, 1 empate e 12 derrotas. En xeral, mal campionato, fixemos unha liga moi irregular, e penso que co equipo que temos, debiamos de estar moito mais arriba do que indica a clasificación.
Agora descansamos na seguinte xornada para logo xogar a final da Copa de Cadetes ante o Meirás, o próximo sábado 24 de maio, ás 16:30 h en A Gándara (campo de herba natural).