CADETES. AS PONTES, 4 - NUMANCIA, 1.

RESULTADO ENGANOSO

Décimo-sexta xornada correspondente á Liga local Cadete grupo No.4 que finalizou coa vitoria dos locais. Ao descanso chegouse coa vitoria dos locais por 2 - 0.

 

O Poboado, 5 de abril de 2014.

FICHA TECNICA:

AS PONTES: Paulino, Antón, Andrés, Martin, Alejandro Blanco, Ayrton, Adrián (Bruno Fresco), Sergio (Daniel), Xose (Bruno Tembras), Iago e Alejandro Martinez (Jorge).

Adestrador: Marcos Bouza Verez.

Delegado:  Jose Blanco Bouza.

NUMANCIA: Antonio, Emi, Oscar (Ian), Pablo Cartelle, David (Nico), Miguel, Pablo Ferro, Fran, Sergio (Raúl), Antón (Birama) e Luís (Alexis).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

Delegado: Javier Aneiros Martinez.

COLEXIADO: Francisco Garcia Rodriguez. Amoestou a Ayrton das Pontes.

GOLES:

1 – 0: Xose (min. 11) – Saque de portería de Antonio que cabecean no medio campo e o dianteiro local moi atento adiantase á defensa aresana e bate a Antonio ante a súa saída.

2 – 0: Andrés (min. 32) – Absurdo penalti de David que marca Andrés enganando a Antonio.

2 – 1: Raúl (min. 56) – Boa xogada combinativa con centro de Fran pola banda esquerda á outra banda a  Emi, quen centra á area e Raúl marca cun gran testarazo.

3 – 1: Xose (min. 69) – Balón roubado na banda esquerda por un xogador das Pontes, centro ao Xose quen marca ante a saída do porteiro aresán.

4 – 1: Daniel (min. 76) – Pase ás costas da defensa aresán, sae Antonio e despexa mal o balón, quen aproveita un xogador local para pasar a Daniel quen marca a pracer.

COMENTARIO:

Na primeira metade saíron os dous equipos con moitas precaucións defensivas, con moito xogo no centro do campo e cun cesped moi pesado. As primeiras ocasións de gol foron para os aresáns cun man a man de Emi co porteiro local, quen bota o balón fora e cun cabezazo de Pablo Cartelle que sae tamén fora. Magoa destas ocasións falladas e Instante partido de cadetes (ida) Numancia - As Pontes (18/01/2014)na primeira que tivo as Pontes, no minuto 11, marcan un despiste defensivo. Noutro erro, no minuto 32, marcan de penalti o 0 – 2, co que se poñía o partido moi costa arriba. No minuto 35, Emi tivo outro man a man contra o porteiro local e outra vez o balón sae fora. Chegándose ao descanso cun inxusto marcador de 2 - 0, a favor dos locais.

Na segunda metade todo seguiu igual, moito xogo no centro do campo e cos aresáns mais concentrados e presionando ao rival. No minuto 47, Emi, cun gran cabezazo vota o balón fora rozando o longueiro. No minuto 56 os aresáns nunha boa xogada combinativa conseguían reducir o marcador. A partir de aquí, parecía que os aresáns tiñan mais o control do partido, pero noutro erro defensivo, no minuto 69, as Pontes marcaba outro gol que sentenciaba o encontro. De aquí ata o final foi un querer e non poder. O Numancia o intentaba pero os locais estaban moi ben situados no campo e practicamente non tivemos ningunha clara ocasión de gol. Preto do final, no minuto 76, os locais marcaron un cuarto gol que xa sería definitivo.

En resumo, partido enganoso cun abultado marcador que non reflexa o ocorrido no campo de fútbol. Os rapaces loitaron moitísimo pero nesta vez os erros defensivos marcaron a diferenza a favor dos locais. Magoa das claras ocasións de gol falladas polos aresáns.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.