Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 0 - PORTUARIOS "B", 1.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 0 - PORTUARIOS "B", 1.

VOLTAMOS ÁS ANDADAS

Décimo-quinta xornada correspondente á Liga local Cadete grupo No.4 que finalizou coa derrota dos aresáns. Ao descanso chegouse coa vitoria dos visitantes por 0 - 1.

 

Prados Vellos, 29 de marzo de 2014.

FICHA TECNICA:

NUMANCIA: Fernando, Emi, Oscar, Pablo Cartelle, Pablo Ferro, Adrián, Luís (Raúl), Fran, Sergio (Lemos), Antón (Nico) e Piñeiro (David).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

Delegado: Javier Aneiros Martinez.

PORTUARIOS "B": Cristián Martínez, Moisés, Miguel, Carlos, Santiago, Alexandre, Jericó, Diego Pantin, Javier (Alejandro), Cesar (Jose) e Oscar (Cristián Casal).

Adestrador: David Muiño Calvo.

Delegado: Alberto Piñon Senande.

COLEXIADO: Telmo Pérez Vázquez. Amoestou ao xogador Jericó do Portuarios B e Adrián do Numancia.

GOLES:

0 – 1: Carlos (min. 22): Córner por banda esquerda, que toca no primeiro pau un xogador visitante e remate de Carlos no segundo pau, só, sen marca quen bate a Fernando.

COMENTARIO:

Primeira metade no que o Numancia tivo o control do partido, e xa nos primeiros 10 minutos dispuxemos de dúas claras ocasións de gol que non soubemos aproveitar. NoNumancia de Ares ADR. Cadetes Numancia - Portuarios "B". minuto 22, nun córner mal defendido polo aresáns, o Portuarios conseguía adiantarse no marcador. A partir do gol, Intentamos reaccionar pero os visitantes defendéronse moi ben e non tivemos ningunha clara ocasión de gol, chegándose ao descanso coa vitoria dos visitantes por 0 - 1. Magoa das ocasións desaproveitadas no inicio da primeira metade.

Na segunda metade, o Numancia xogou sen ritmo, sen rápida circulación do balón, aínda que defensivamente non pasamos por moitos apuros, ofensivamente non soubemos penetrar na pechada e ordenada defensa dos visitantes. Só con algúns contragolpes puidemos marcar algún gol, pero goles son amores, e nesta ocasión non puido ser, chegándose ao final do partido cunha derrota por 0 - 1.

En resumo, mal partido dos aresáns onde desaproveitamos claras ocasións de gol na primeira metade ante un equipo que non soubemos penetrar na súa ordenada defensa.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.