Inicio Noticias Cadetes CADETES. MANIÑOS, 1 - NUMANCIA, 5.
 
 

CADETES. MANIÑOS, 1 - NUMANCIA, 5.

VOLTAMOS A SENDA DA VITORIA

Décimocuarta xornada correspondente á Liga local Cadete grupo No.4 que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse cun empate a 1 - 1.

 

 


 
O Pote (Maniños), 22 de marzo de 2014.

FICHA TECNICA:

MANIÑOS: Andrés (Rubén), Borja, Diego (Geoffrey), AgustÍn (Alejandro), Adrián Alonso, Daniel Fernandez, Daniel Galdo, Iván, David (Mario), Jesús e Alberto.

Adestrador: Carlos Cotón Castromil.

Delegado: Jesús Rivera Piñeiro.

NUMANCIA: Fernando (Antonio), Emi, Oscar, David (Raúl), Pablo Ferro, Pablo Cartelle, Antón, Fran, Sergio (Birama), Ian (Adrián) e Carlos (Miguel).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

Delegado: Javier Aneiros Martinez.

COLEXIADO: Agustín Eguren Prieto. Amoestou a Pablo Cartelle e Adrián polo Numancia.

GOLES:

1 – 0: Borja (min. 11) – Córner por banda esquerda que ninguén e capaz de despexar e Borja moi atento marca a pracer cun disparo dentro da área pequena.

1 – 1: Antón (min. 31) – Boa triangulación entre Carlos, Sergio e Antón, quen cun amago de pase desfaise de dous defensas e marca ante a saída do porteiro local.

1 – 2: Antón (min. 50) – Centro de Emi por banda dereita e claro penalti dun defensa local ao despexar o balón coa man. O penalti o marca Antón enganando ao porteiro.

1 – 3: Oscar (min. 61) – Falta lanzada por Fran dende o vértice da área grande e Oscar entrando polo centro marca sen oposición.

1 – 4: Oscar (min. 73) – Falta lanzada por Fran e Oscar entrando ao segundo pau marca sen oposición.

1 – 5: Raúl (min. 76) – Pase de Fran á espalda da defensa local por banda esquerda e Raúl marca nun man a man co porteiro local.

COMENTARIO:Instante partido de ida cadetes Numancia - Maniños (21/09/2013)

Primeira parte onde os locais saíron mais concentrados e empezaron tendo o control do partido. Os aresáns saíron durmidos e os visitantes grazas ao seu empuxe marcaron no minuto 11, nunha xogada a balón parado. A raíz do gol, parece que os aresáns espabilaron e co paso dos minutos fomos totalmente superiores ao noso rival. Sergio no minuto 25, dispuxo dunha clara ocasión que sacou un defensa na liña de gol. Nunha gran xogada colectiva, O Numancia empatou o partido no minuto 31. Noutra gran xogada por banda dereita, Sergio dispuxo doutra ocasión cun disparo que pegou no longueiro, chegándose ao descanso cun inxusto empate 1 - 1.

Na segunda metade, os aresáns seguiron tendo o dominio do xogo e os locais defendéndose ante as acometidas dos visitantes. O Maniños foi perdendo fuelle co paso dos minutos e os aresáns aproveitáronse para marcar catro goles nesta metade.

En resumo, bo partido dos aresáns que foron moi superior ao Maniños, sobre todo na segunda metade, ante un rival que xogou bastante ben durante os primeiros 15 minutos da primeira metade. Noraboa rapaces, a seguir así !!!!!

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.