CADETES. NUMANCIA, 1 - R. FERROL "B", 1.

NON PUIDO SER

Duodécima xornada correspondente á Liga local Cadete grupo 4º que finalizou cun empate. Ao descanso chegouse coa vitoria visitante por 0 - 1.

 

 

Prados Vellos, 15 de marzo de 2.014.

FICHA TECNICA:

NUMANCIA: Fernando (Antonio), Raúl, Oscar, David (Nico), Pablo Ferro, Miguel (Lemos), Emi, Fran, Sergio, Luís (Anton) e Carlos (Ian).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º adestrador: Fernando Pereiro Rubianes.

Delegado: Javier Aneiros Martínez.

RACING DE FERROL “B”: Francisco, Iván, Aleixo (Miguel), Manuel, Mario, Javier, Daniel Serantes, Adrián, Manuel, Fernando (Oscar) e Jacobo (Pablo).

Adestrador: Ignacio García Rodríguez.

Delegado : José Vicente Seoane Rey.

COLEXIADO: Juan J. Espiñeira Vara. Amoestou a Mario do Racing e a David do Numancia.

GOLES:

0 – 1: Manuel (min. 27) – Balón botado ás costas da defensa aresana e o dianteiro visitante aproveitase dunha situación de fora de xogo, marca no man a man contra Fernando.

1 – 1: Sergio (min. 73) – Sergio marca cunha perfecta vaselina ante a saída do porteiro visitante.

COMENTARIO:

Primeira metade con dominio do xogo alterno onde ningún equipo levou o peso do partido. O Numancia creou moi poucas ocasións de gol e en defensa non pasaba por moito perigo ata que no minuto 27, Manuel aproveitase dunha situación en claro fora de xogo para adiantar ao Racing no marcador. O equipo visitante defendíase con moito orden, chegándose ao descanso cunha vitoria dos visitantes por 0 - 1, resultado inxusto, a tenor do visto nesta primeira metade.Os cadetes do Numancia celebrando un gol

Na segunda parte, o Numancia saíu con outra mentalidade e empezou a chegar con moito perigo á área rival. O Racing defendíase como ben podía e non creaban ningún perigo na nosa portería. No minuto 68, os aresáns dispuxeron dun penalti pero o porteiro do Racing parouno. Os aresáns non se viñeron abaixo e seguiron igual, ata que no minuto 73, Sergio conseguiu cunha vaselina empatar o partido. Despois os aresáns seguiron intentando marcar outro gol pero o resultado non se moveu, acabando o partido cunha empate a 1 - 1.

En resumo, partido moi disputado no que os aresáns dispuxeron dunha maior pegada ante un rival moi loitador e ben plantado no campo.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.