Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 1 . G. CARANZA "B", 2.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 1 . G. CARANZA "B", 2.

GOLES SON AMORES

Sétima xornada correspondente á Liga local Cadete grupo 4º que finalizou coa vitoria dos visitantes. Ao descanso chegouse coa vitoria local por 1 - 0.

 

 

 

 

Prados Vellos, 1 de febreiro de 2014

FICHA TECNICA:

NUMANCIA: Fernando, David (Lemos), Oscar, Emi, Pablo Ferro, Miguel (Ian), Raúl (Nico), Adrián, Sergio, Pablo Cartelle e Antón (Fran).
 
Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

Delegado: Javier Aneiros Martínez.

GALICIA DE CARANZA "B": Bruno (Diego), Antonio, Manuel, Ruben, Edgar, Carlos Gonzalez (Alejandro), Jose (Javier López), Javier Luaces (Daniel), Pablo, Fernando (Carlos Vidal) e Álvaro.

Adestrador: Rogelio Rey Abad.

Delegado: David Pérez Fernández.

COLEXIADO: Pablo Carballal Mora.  Amoestou a Edgar e Manuel polo Galicia de Caranza B.

 

GOLES:

1 – 0: Sergio (min. 25) – Saque de banda de David, Pablo Cartelle toca de cabeza, rexeita a defensa e Sergio de cabeza bate ao porteiro visitante.

1 – 1: Pablo (min. 63) – Roubo de balón na nosa defensa por banda esquerda, centro ao corazón da área, e o dianteiro visitante moi atento anticipase a nosa defensa e bate a Fernando.

1 – 2: Álvaro (min. 77) – Centro sen aparente perigo á área pequena que Fernando non é capaz de atallar, deixándolle o balón en inmellorable posición ao dianteiro do Galicia para que marque sen ningunha oposición.

 

COMENTARIO:

Primeira metade con claro dominio aresán onde tiveron o control do partido, ante un Galicia que defendíase con moito orden e non creaba ningún perigo ante a portería local. No minuto 25, Sergio cun gran cabezazo adiantaba aos locais. Os aresáns tiveron algunha ocasión de gol que non souberon aproveitar, chegándose ao descanso coa vitoria local por 1 - 0.

Na segunda parte, o Numancia seguiu tendo o dominio do xogo, pero a medida que pasaban os minutos, empezaron a faltar as forzas. Nestes primeiros minutos fallamos dúas claras ocasións de gol e na primeira chegada do Galicia no minuto 63, nos meten un primeiro gol nun despiste defensivo. A partir de aquí, intentamos reaccionar e tivemos una clara ocasión de gol que non aproveitamos e nun fallo do porteiro aresán, o Galicia metía un segundo gol que a postre sería definitivo. Faltaban tres minutos para acabar o partido e o Numancia foi a desesperada, e entre a mala sorte e as boas paradas do porteiro visitante, non puido ser, cun resultado final que non facía xustiza ao visto no terreo de xogo.

En resumo, boa primeira metade dos aresáns que non souberon matar o partido y en dúas xogadas sen aparente perigo o Galicia conseguiu marcar 2 goles. Incrible como regalamos o partido ante a falta de concentración, aptitude e compromiso de certos xogadores, os cales, parecen estar ausentes do partido. Non pode ser que cada vez que nos tiran a portería nos metan gol. Temos que mellorar e traballar mais para intentar xogar como o faciamos nos partidos do mes de decembro.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.