CADETES. CEDEIRA, 2 - NUMANCIA, 0.
MALA SEGUNDA METADE
Sexta xornada correspondente á Liga local Cadete grupo 4º que finalizou coa vitoria do conxunto de O Beco. Ao descanso chegouse con empate a 0 - 0.
Cedeira, 26 de xaneiro de 2014
FICHA TECNICA:
CEDEIRA: Rubén, Martín, Antón, Adrián (Andrés), Brandan, Brais (Julen), Francisco, Miguel, Antonio (Diego), Daniel (Ivan) e Iago.
Adestrador: Víctor Andrés Villar Suárez.
Delegado: Laureano J. Otero Barrio.
NUMANCIA: Fernando, Emi, Oscar, David, Adrián, Pablo, Miguel, Nico (Luís), Sergio (Alexis), Antón e Raúl (Ian).
Adestrador: Daniel Iglesias Montero.
Delegado: Javier Aneiros Martínez.
COLEXIADO: Manuel J. Bejarano Estepa. Amoestou a Adrián, Brandan e Diego do Cedeira e a Oscar, Adrián e Ian do Numancia.
GOLES:
1 – 0: Antón (min. 63) – Falta directa dende o borde da área grande que transforma Antón cun disparo que entra entre as pernas de Fernando.
2 – 0: Miguel (min. 69) – Gol de córner directo que sorprende ao porteiro aresán.
COMENTARIO:
Primeira metade moi igualada donde os dous equipos saíron con moitas precaucións defensivas e ningún deles levaba a iniciativa do xogo. Os aresáns defendíanse con moito orden e foron os que dispuxeron dalgunha clara ocasión de gol, a través de Sergio e Nico. O Cedeira só a balón parado creaba certo perigo de gol na portería defendida por Fernando, chegándose ao descanso cun empate a 0 - 0.
Na segunda parte, seguiu igual que na primeira, cun Numancia que non pasaba por moitos apuros, ata que no minuto 63, a defensa aresana cometía unha clara falta no borde da área, que aproveitou o dianteiro local Antón para marcar e adiantar o seu equipo no marcador. Case deseguido, o Cedeira marcaba un segundo e definitivo gol nun córner olímpico. De aquí ata o final, foi un querer e non poder. O Cedeira encerrouse atrás e os aresáns non conseguían crear perigo na portería local.
En resumo, partido moi igualado onde decidiron dúas xogadas ailladas do Cedeira. Esperamos e desexamos que os rapaces volvan ao nivel de xogo que facían fai unhas xornadas.