CADETES. NUMANCIA, 0 - AS PONTES, 1.

TOQUE DE ATENCIÓN

Quinta xornada correspondente á Liga local Cadete grupo 4 que finalizou coa vitoria dos visitantes. Ao descanso chegouse con empate a cero.

 

 


Prados Vellos, 18 de xaneiro de 2014

FICHA TECNICA:

NUMANCIA: Fernando, Emi, Oscar, Pablo Cartelle (David), Adrián (Nico), Miguel, Pablo Ferro, Fran, Sergio, Antón (Rañales) e Raúl (Birama).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

Delegado: Javier Aneiros Martinez.

AS PONTES: Alberto, Martín, Raquel, Esteban, Alejandro Blanco, Airton, Andrés, Xosé (Manuel), Alejandro Martinez (Jorge), Iago e Daniel (Anton).

Adestrador: Marcos Bouza Verez.

Delegado: José Blanco Bouza.

COLEXIADO: Cristián Santos Gonzalez. Amoestou a Alejandro Blanco das Pontes.

GOLES:

0 – 1: Andrés (min. 58) – Balón roubado na banda esquerda por un xogador das Pontes, centro á outra banda no borde da área grande que recolle Andrés, libre de marca, e bate a Fernando cun disparo raso pegado ao pau.


 

COMENTARIO:

Na primeira metade saíron os dous equipos con moitas precaucións defensivas, con moito xogo no centro de campo e sen apenas ocasións de gol. No minuto 12, suspendeuse o partido durante 10 minutos, por unha gran sarabia que cubriu por completo todo o terreo de xogo. Na reanudación os visitantes saíron moito mais enchufados cos aresáns e dispuxeron dalgunha ocasión de gol a balón parado, chegándose ao descanso cun xusto marcador de 0 - 0.

Na segunda metade todo seguiu igual, moito xogo no centro do campo e con poucas ocasións de gol. No minuto 58, os visitantes aproveitáronse dun claro erro defensivo para marcar e levarse o partido. De aquí ata o final foi un querer e non poder. O Numancia o intentaba pero os visitantes estaban moi ben situados no campo e practicamente non tivemos ningunha clara ocasións de gol.

En resumo, partido moi complicado contra un rival moi ben asentado no campo, que nos da un toque de atención da gran igualdade existente nesta liga local cadete.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.