CADETES. PORTUARIOS "B", 1 - NUMANCIA, 2.

VITORIA CON MOITOS APUROS

Cuarta xornada correspondente á Liga local Cadete grupo 4 que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse coa vitoria visitante por 0 – 2.

 

 

Aneiros, 11 de xaneiro de 2014

FICHA TECNICA:

PORTUARIOS "B": Roi, Moisés (Hernán), Miguel (Cristian), Santiago, Diego Duran, Alexandre, Javier (Oscar), Diego Pantin (Alejandro Ponce), Jericó, Alejandro Piñón e Cesar (Alex Piñón).

Adestrador: David Muiño Calvo.

Delegado:  Alberto Piñón Senande.

NUMANCIA: Fernando, Emi, Oscar, Adrián, David (Luis), Miguel, Pablo Ferro (Lemos), Fran, Pablo Cartelle, Antón (Ian) e Raúl (Nico).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º Adestrador: Fernando Pereiro Rubianes.

Delegado: Javier Aneiros Martinez.

COLEXIADO: Alejandro Mendez Bouza. Amoestou ao xogador Moisés do Portuarios B.

GOLES:

0 – 1: Raúl (min. 17 ): Penalti cometido polo porteiro local derribando a Raúl quen marca enganando a Roi.

0 – 2: Pablo Cartelle (min. 25): Fallo defensivo da defensa do Portuarios e Pablo Cartelle moi atento marca cun forte disparo dende á área pequena.

1 – 2: Javier (min. 47) : Balón mal despexado pola defensa numantina, que aproveita o rival, cun pase á espalda da nosa defensa que aproveita o xogador local para bater a Fernando cunha vaselina.


COMENTARIO:Numancia - Portuarios "B" (Prados Vellos 23/11/2013)

Primeira metade no que o Numancia tivo o control do partido, e xa nos primeiros 10 minutos dispuxemos de dúas clara ocasións de gol que non soubemos aproveitar. No minuto17, adiantámonos no marcador cun penalti transformado por Raúl e no minuto 25 Pablo Cartelle conseguía un segundo gol que nos daba a suficiente tranquilidade para intentar amarrar o partido. O Portuarios non dispuxo de ningunha clara ocasión e so inquedaba á portería aresana nos balóns parados, chegándose ao descanso cun claro 0 – 2. Magoa das ocasións desaproveitadas, xa que, senón o marcador sería moito mais amplío a favor dos visitantes.

Na segunda metade, o Portuarios meteuse no partido cun gol marcado no minuto 47, nun fallo defensivo dos aresáns e entón comezaron os nervios. O Numancia perdeu o control do partido e igualáronse as forzas. Os aresáns non tiveron ocasións claras de gol e o Portuarios nos últimos 10 minutos dispuxo de dúas ocasións, una parada por Fernando có pe e outra un man a man có noso porteiro, no que o dianteiro local lanzou por enriba da portería.

En resumo, boa primeira metade donde desaproveitamos claras ocasións de gol que pagamos nun segundo tempo, que con moitos nervios, acabamos pedindo a hora. En fin, tres sufridos puntos, que dedicamos aos lesionados do equipo, Antonio, Carlos, Sergio e Piñeiro e no que lles desexamos unha pronta recuperación.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.