CADETES. ANIMAS, 5 - NUMANCIA, 2.

O AGUA IMPÚXOSE A COCA COLA

Semifinal da Previa da Copa Coca Cola disputado no campo de herba artificial de A Gándara en Ferrol na tarde do venres.

 


 



Ferrol, 27 de decembro de 2013.

FICHA TÉCNICA:

SDR ÁNIMAS: Bruno, Cristofer, Omar, Mario, David, Cristian, Jonathan, Bruno, Diego, Rubén e Borja. Tamén xogaron: Kevin, Andrey, Jesús, Yuri e Juan.

Delegado: Andrés García Corral.

SDR NUMANCIA DE ARES: Antonio, Nico, Óscar, David, Fran, Miguel, Emilio, Pablo Ferro, Antón, Pablo Cartelle e Raúl. Tamén xogaron: Adrián, Alexis e Rañales.

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º Adestrador: Fernando Pereiro Rubianes.

Delegado: Javier Aneiros Mandiá.

COLEXIADO: D. Alejandro Miño Pico, asistido nas bandas por D. Martin Zakaryan e Marcos Padín Pita.

GOLES: Cristofer (3), Bruno e Rubén para o Ánimas. Fran e Pablo Cartelle no Numancia.

CRÓNICA:

Ánimas e Numancia dábanse cita nunha tarde de venres chuviosa e de moito vento. O campo artificial de A Gándara estaba rápido, polo que non era fácil combinar. Nos primeiros 10 minutos o Numancia colocuse cun 0 - 2 ó seu favor; gracias os goles de Fran de falta directa e de Pablo Cartelle tras unha boa xogada colectiva. Pouco a pouco os ferroláns foron espertando do seu letargo e fixéronse donos do encontro; imprimindo mais ritmo e intensidade ó mesmo. O Ánimas foi quen de remontar o encontro xa antes do descanso; sendo o resultado no intermedio de 3 - 2 favorable os das Casas Baratas.Instante partido cadetes Animas - Numancia da pasada temporada.

Na segunda metade, os locais pronto sufrían a expulsión de Crisitian. O Numancia fíxose dono do balón pero non foi capaz de crear excesivo perigo sobre a meta defendida por Bruno. Soamente Antón tivo unha clara ocasión na que non estivo afortunado diante da portería local. No último tramo do encontro o Ánimas aproveitou dous contraataques para anotar dous novos goles que deixaban o resultado no coñecido 5 - 2 favorable o equipo local.

Na outra semifinal, o Meirás CF vencía por 4 - 1 o Cedeira.

Na final do Torneo disputada na tarde do sábado o Ánimas vencía de forma clara o Meirás por 8 - 1; sendo o equipo de Ferrol o que conseguía o pase a seguinte fase da Copa Coca Cola.

En resumo, terminou o soño do Numancia nesta competición; que non foi mais que un premio por quedar de primeiro clasificado no seu grupo de Copa. A este premio como sabemos sumarase a final da Copa Delegación de Ferrol que xogarán en maio no campo de herba natural de A Gándara ante o Meirás CF.

Agora os cadetes numantinos disfrutarán dos últimos días do Nadal. A volta deberán centrarse nunha competición de Liga na que teñen depositadas moitas ilusións e na que visitarán o campo de Aneiros para medirse o Portuarios "B".

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.