Inicio Noticias Cadetes CADETES. R. FERROL "B", 0 - NUMANCIA, 2.
 
 

CADETES. R. FERROL "B", 0 - NUMANCIA, 2.

O MELLOR O RESULTADO

Segunda xornada correspondente á Liga local Cadete grupo No.4 que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse coa vitoria visitante por 0 - 2.

 

 

 

 

A Gándara, 14 de decembro de 2013

FICHA TECNICA

RACING DE FERROL B: Iván, Adrián, Alejandro, Oscar, Javier, Jacobo (Fernando), Estevo (Daniel Otero), Daniel Serantes, Manuel (Pablo), Miguel (Cristopher) e Francisco.

Adestrador: Ignacio García Rodríguez.

Delegado: José Vicente Seoane Rey.

NUMANCIA: Antonio, Raul (Piñeiro), Oscar, Pablo Cartelle, Nico (David), Miguel, Pablo Ferro (Luis), Fran, Emi (Ian), Carlos e Antón (Adrián).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

Delegado: Javier Aneiros Martínez.

COLEXIADO: Francisco J. Piñón López. Amoestou a Iván do Racing e a Pablo Cartelle e David do Numancia.

GOLES:

0 – 1: Oscar (min. 30) – Córner botado por Fran en banda esquerda e gran remate de cabeza pegado ao pau de Oscar.

0 – 2: Fran (min. 40) – Gran disparo de falta directa dende a frontal da área que bate ao porteiro local.

COMENTARIO:

Primeira metade con dominio do xogo alterno onde ningún equipo levaba o peso do partido.O equipo local defendíase con moito orden, e en ataque, só dispuxo dunha clara ocasión de gol, parada por Antonio. O Numancia sufriu moito porque non tiña a posesión do balón pero soubo aproveitar moi ben, en dúas xogadas a balón parado, para marcar sendos goles nos minutos 30 e 40, chegándose ao descanso cunha vitoria por 0 - 2. Creo que demasiado premio para nós, a tenor do visto nesta primeira metade.

Na segunda parte, o partido seguiu igual, dominio alterno dos dous equipos, aínda que os aresáns non pasaron por moitos apuros en defensa. O Racing seguía defendéndose moi ben pero non creaban ningún perigo na nosa portería. Os aresáns tiveron nalgún contragolpe algunha ocasión de gol pero o resultado non se moveu, acabando o partido cunha sufrida vitoria por 0 - 2.

En resumo, partido moi disputado no que decidiu a maior pegada dos aresáns ante un rival moi loitador que non dou un balón por perdido.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.