Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 1 - MEIRAS, 2.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 1 - MEIRAS, 2.

PARTIDAZO EN PRADOS VELLOS

Primeira xornada correspondente á Liga local Cadete grupo No.4 que finalizou coa vitoria do Meirás. Ao descanso chegouse coa vitoria dos aresáns por 1 - 0.

 

 

Prados Vellos, 7 de decembro de 2013

FICHA TECNICA:

NUMANCIA: Antonio, Emi, Oscar, Pablo Cartelle, David, Miguel (Alexis), Pablo Ferro (Rañales), Fran, Carlos, Piñeiro (Lemos) e Antón (Raúl).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

Delegado: Javier Aneiros Martínez.

MEIRÁS: Sergio (Kevin), Daniel, Miguel, Oscar, Iago, Santiago (Samuel), Alejandro, Diego (Pablo), Miguel Pena (Mario), Muriel e Miguel Caeiro.

Adestrador: Jorge A. López Piñón.

Delegado: Manuel A. López Carro.

COLEXIADO: Francisco Pita Lorenzo. Amoestou a Santiago do Meirás.

GOLES:

1 – 0: Antón (min. 5) – Córner botado por Fran e gran remate de Antón dentro da área pequena.

1 – 1: Muriel (min. 55) – Córner botado polo Meirás que despexa Antonio cós pés e o rexeite lle cae a Muriel quen marca a pracer.

1 – 2: Mario (min. 79) – Contragolpe dos visitantes que define Mario ante a saída de Antonio, onde os aresáns reclamaron un inexistente fora de xogo.

COMENTARIO:

Partido moi igualado onde houbo unha parte para cada equipo. Primeira metade dominada polos aresáns, no que o equipo local levaba a iniciativa do xogo, moi concentrados, presionando ao rival e así no minuto 5 conseguíamos adiantarnos no marcador cun gran remate de Antón.

Os aresáns defendíanse con moito orden e non pasaban por moitos apuros, chegándose ao descanso coa vitoria local por 1 - 0,  resultado xusto a tenor do visto nesta primeira metade.

Na segunda parte, o Meirás saíu con outra mentalidade, empezando a ter o dominio do xogo, e así chegaron as ocasións de gol para os visitantes. Os aresáns empezaron a sufrir xa que non tiñan o control do partido e tampouco tiveron moitas ocasións de gol e só a balón parado inquietaban á portería dos visitantes. Os visitantes empataron nunha xogada de mala sorte no minuto 55. O Numancia empezaba a perder forza a medida que pasaban os minutos do encontro, cousa que aproveitou o Meirás co seu empuxe e gañas nos minutos finais. Cando o empate parecía o resultado mais xusto, un contragolpe do Meirás no minuto 79, sentenciaba o partido. De ahi ao final non houbo tempo para mais nada e non se moveu o resultado.

En resumo, partido moi intenso e igualado onde decidiu unha gran segunda parte do Meirás. A pesar da derrota, noraboa rapaces, polo esforzo realizado ante un gran rival, demostrando porque os dous equipos son os finalistas da copa cadete a celebrar a finais do vindeiro mes de maio.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.