Inicio Noticias Cadetes CADETES. R. SAN PEDRO, 0 - NUMANCIA, 12.
 
 

CADETES. R. SAN PEDRO, 0 - NUMANCIA, 12.

UN SOÑO FEITO REALIDADE

Undécima e última xornada correspondente á copa do grupo 1 que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse coa vitoria visitante por 0 - 4.

 

 

A Gandara-1, 30 de novembro de 2013

FICHA TECNICA:

RACING SAN PEDRO: Adrián (Ruben), Iván (Angel Robles), Javier Martinez (Belisario), Enrique, Joel, Alejandro Dopico, Gabriel, Alejandro López, Julián, Angel Estevez e Iago (Javier Villamor).

Adestrador: Jose L. Casuso Ventureira.

2º Adestrador: Cesar Cascallana Novo.

Delegado: Jorge Rodríguez Rey.

NUMANCIA: Fernando, Emi, Oscar, Pablo Cartelle, David (Adrián), Miguel (Piñeiro), Pablo Ferro (Raul), Fran, Sergio (Luís), Carlos e Antón.

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º Adestrador: Fernando Pereiro Rubianes.

Delegado: Javier Aneiros Martinez.

COLEXIADO: Miguel A. Piñón López. Amoestou ao xogador Alejandro López do R.San Pedro e a Fran e Carlos do Numancia.

GOLES:

0 – 1: Pablo Cartelle (min. 17).
0 – 2: Carlos (min. 25).
0 – 3: p.p. (min. 29).
0 – 4: Antón (min. 36).
0 – 5: Emilio (min. 57).
0 – 6: Carlos (min. 60).
0 – 7: p.p. (min. 62).
0 – 8: Piñeiro (min. 65).
0 – 9: Emilio (min. 66).
0 – 10: Carlos (min. 73).
0 – 11: Carlos (min. 75).
0 – 12: Pablo Cartelle (min. 76).

 

 

COMENTARIO:

Partido con claro dominio visitante, no que os aresáns levaron todo o peso do partido, ante un rival que xogou moi ben nos primeiros 30 minutos, defendéndose con moita orde das acometidas do Numancia. Nesta primeira metade non tivemos moitas ocasións de gol, chegándose ao descanso cun marcador de 0 - 4.

Na segunda parte os aresáns seguiron igual e os locais baixaron o nivel defensivo. Por iso o Numancia empezou a marcar un gol tras outro ata acadar ao final do partido un total de 12 goles.

Cando empezaba a temporada no mes de setembro, ninguén podía imaxinar que este gran equipo de rapaces puidese alcanzar a xogar a final da Copa a finais de maio. Temos que dar a máis que merecida noraboa a todos os compoñentes da plantilla de Cadetes composta por 21 xogadores, así como aos adestradores Dani e Fernando.  ¡¡¡¡Noraboa!!!!

Na seguinte fin de semana, comeza a Liga, outro reto para os aresáns, encadrados dentro do Grupo 4º, no que xogarán os mellores 11 equipos de Ferrolterra. Estes equipos disputarán o titulo de liga e os dous primeiros equipos disputarán as eliminatorias para xogar na seguinte temporada na liga Galega de Cadetes. Iremos partido a partido e veremos ata onde somos capaces de chegar.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.