CADETES. NUMANCIA, 9 - PORTUARIOS "B", 1

SEGUIMOS SOÑANDO

Decima xornada correspondente á copa do grupo 1 que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse coa vitoria local por 5 - 1.

 

 

 

 

Prados Vellos, 23 de novembro de 2013

FICHA TECNICA:

NUMANCIA: Fernando (Antonio), Emi, Oscar (C), Pablo Cartelle, David (Raul), Miguel (Adrián), Pablo Ferro (Piñeiro), Fran, Carlos, Antón (Ian) e Sergio.

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

Delegado: Javier Aneiros Martinez.

PORTUARIOS “B”: Roi, Moises (Alex), Carlos (Cristian), Diego (C), Santiago, Miguel, Oscar (Jonathan), Cesar (Alejandro), Javier (Jose López), Hernán e Jerico.

Adestrador: David Muiño Calvo.

Delegado: Alberto Piñón Senande.

COLEXIADO: Pablo Carballal Mora. Amoestou ao xogador Jose López do Portuarios.

GOLES:

1 – 0: Carlos (min. 1).
2 – 0: Antón (min. 2).
3 – 0: Sergio (min. 5).
3 – 1: Jerico (min. 13).
4 – 1: Antón (min. 35).
5 – 1: Sergio (min. 37).
6 – 1: Antón (min. 41).
7 – 1: Antón (min. 46).
8 – 1: Carlos (min. 71).
9 – 1: Ian (min. 72).

COMENTARIO:

Partido con claro dominio local, no que os aresáns levaron todo o peso do partido, ante un rival que intentou xogar ao fútbol pero non lle deixamos. Saímos moi concentrados e nos primeiros 5 minutos xa marcamos tres goles. Hoxe estivemos bastante acertados cara a gol. O equipo visitante só intentou defenderse ante as acometidas dos aresáns e en ataque non creou perigo.

Na seguinte fin de semana, viaxamos á Gándara para xogar contra o Racing San Pedro, donde nos xogamos o primeiro posto do grupo 1 co Cedeira que visita o campo do Maniños e así poder conseguir xogar á final da copa ante o gañador do outro grupo. Agora existe unha diferenza de 4 goles a favor do Cedeira. Vamos rapaces que aínda podemos seguir soñando con alcanzar a final de copa.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.