Inicio Noticias Cadetes CADETES. G. DE MUGARDOS, 3 - NUMANCIA, 7.
 
 

CADETES. G. DE MUGARDOS, 3 - NUMANCIA, 7.

UN NUMANCIA MOI PRÁCTICO

Partido correspondente a antepenúltima xornada da Copa Cadete grupo 1, disputado no campo anexo de A Pedreira na tarde do sábado ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

 

 

Mugardos, 16 de novembro do 2013.

FICHA TÉCNICA

GALICIA DE MUGARDOS: Miguel (Fran), Jorge Pérez (Rafa), Sergio (Alejandro Pérez), Mario (Diego), Alejandro Otero, Antón, Adán (Daniel Domínguez), Jorge López, Alejandro Fernández, José (C) e Daniel Feal.

Adestrador: Marcos Picallo Blanco.

2º adestrador: Jesús Amado Cortizas.

Delegado: Miguel A. Gonzalez López.

NUMANCIA: Nando (Antonio), Emi, Oscar (C), Pablo Cartelle, David Gil, Miguelin (Nico), Pablo Ferro (Rolo), Fran, Sergio (Carlos Piñeiro), Carlos Vázquez e Antón (Luís).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

Delegado: Javier Aneiros Martínez.

ARBITRO: Borja Gundin Barreiro. Amoestou a Alejandro Fernández do Mugardos.

GOLES: Jorge López, Daniel e Pablo Cartelle (propia porta) para o Mugardos. Polo Numancia marcaron Carlos Vázquez (3), Sergio, Pablo Ferro, Emi e Luís.

 

 

CRONICA:

Derbi de cadetes no anexo de A Pedreira. O Numancia necesitaba vencer logo da vitoria matinal do Cedeira en Aneiros ante o Portuarios "B" si quería seguir soñando con disputar a final de Copa. Saíron os numantinos cun sistema moi ofensivo e unha defensa moi adiantada. Sergio, Pablo Ferro e Emi batían o porteiro mugardes, establecendo un 0 - 3 no marcador de A Pedreira cando soamente levabamos disputados 15 minutos de xogo. Poñía o G. Mugardos o 1 - 3 no minuto 17. Unha fermosa xogada entre Antón e Carlos era finalizada por éste último para facer o 1 - 4 no minuto 25. No minuto 28 chegaba o 2 - 4 do G. Mugardos tamén a balón parado. O 2 - 5 era cousa de Carlos tras un bo lanzamento de media distancia no minuto 32. Novamente Carlos aínda que esta vez de falta directa facía o 2 - 6 no minuto 37. Pero aínda daba tempo a outro gol neste festival do fútbol ofensivo da primeira metade. Os mugardeses aproveitaban un balón solto na área para establecer o 3 - 6 co que se chegaba ó descanso.

Logo dos 9 goles da primeira medate, a cousa na segunda calmaronse un pouco. Houbo chegadas por parte de ambos equipos, pero soamente Luís no minuto 63 era capaz de batir o porteiro local cun bo disparo dende o pico da área. Co resultado de 3 - 7 chegaban ambos equipos o final do partido.

En resumo, partido sen moito fútbol debido as pequenas dimensións do campo. Un Numancia práctico conseguiu tres puntos importantes nun derbi que destacou pola deportividade amosada por ambos equipos.

O vindeiro sábado as 16:30 o Numancia recibirá o Portuarios "B". Na última xornada de Copa os cadetes numantinos visitarán ó Racing San Pedro. Deben vencer os numantinos os seus partidos e agardar un esbarón do Cedeira ante o Racing San Pedro ou en Maniños para poder xogar a final de Copa.

¡¡¡Todos cos cadetes o vindeiro sábado en Prados Vellos¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.