Inicio Noticias Cadetes CADETES. R. DE NEDA, 0 - NUMANCIA, 4.
 
 

CADETES. R. DE NEDA, 0 - NUMANCIA, 4.

MAL PARTIDO DOS ARESÁNS

Sétima xornada correspondente á copa do grupo 1 que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse coa vitoria visitante por 0 - 2.

 



Juan Gonzalez (Municipal de Neda), 2 de novembro de 2013

ALIÑACIONS:

R. DE NEDA: Marco, Adrián Caneiro, Carlos Gavin (Bruno Edreira) , Bruno Mouriz (C), Daniel, Adrián Rodríguez (Alejandro), Adrián Yáñez (Yago), Samuel (Iván), Miguel Lorenzo, Carlos Fernández (Adrián Castro) e Miguel López.

Adestrador: Andrés A. Rodríguez Rodríguez.

Delegado : Juan Rodríguez Romero.

NUMANCIA: Fernando, Emi, Oscar (C), Nico (David), Raúl (Adrián), Pablo Cartelle, Antón, Miguel (Lemos), Sergio (Alexis), Carlos e Pablo Ferro (Ian).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero

Delegado : Javier Aneiros Martínez

COLEXIADO: Pablo Carballal Mora.  Amoestou a Bruno Mouriz e Adrián Rodríguez polo Neda e a Pablo Cartelle do Numancia.

GOLES:

0 – 1: Antón (min. 15) – Balón botado á espalda da defensa local que recolle Sergio, e nun man a man contra o porteiro, erra, pero o rexeite o colle Antón e marca a pracer sen oposición.

0 – 2: Carlos (min. 33) – Boa xogada combinativa dos aresáns entre Carlos, Pablo Ferro e outra vez Carlos que marca cun disparo que sorprende ao porteiro local.

0 – 3: Antón (min. 42) – Centro á área pequena de Pablo Cartelle que toca de cabeza Carlos e moi atento, marca Antón, cun disparo raso ante a saída do porteiro local.

0 – 4: Emi (min. 69) – Contragolpe dos aresáns cun pase de Carlos á Emi quen recorta o seu defensor que marca cun gran disparo.


COMENTARIO:

Mal, moi mal partido dos aresáns, no que tivo todo o control do partido, ante un rival que deixaba xogar ao fútbol e só inquedaba á portería defendida por Fernando con algún que outro contragolpe. Nosoutros estivemos moi espesos, sen rápida circulación do balón, sen presión, sen gañas, xogando andando e sen materializar as numerosas e incontables ocasións de gol ante unha floxa defensa dos locais. En resumo mal partido, no que se gañou sen facer ningún esforzo. Moito teremos que mellorar, se queremos seguir nos primeiros postos da clasificación nesta primeira fase da Copa.

A próxima fin de semana visítanos o Miño e desexamos que os rapaces se poñan as pilas e empecen a xogar ao fútbol como fixemos nas primeiras xornada da copa.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.