Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 3 - G. CARANZA "B", 5.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 3 - G. CARANZA "B", 5.

DESASTROSOS 20 MINUTOS FINAIS DOS ARESÁNS

Sexta xornada correspondente á copa do grupo 1 que finalizou coa derrota dos aresáns.fronte o Caranza “B”. Ao descanso chegouse coa vitoria local por 2 - 1.

 

Prados Vellos 26 de outubro de 2013

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Fernando (Antonio), Rolo, Emi, Oscar (C), David (Luis), Pablo Cartelle, Miguel (Adrián), Antón (Rañales), Pablo Ferro, Carlos e Sergio (Ian).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º adestrador: Fernando Pereiro Rubianes.

Delegado: Javier Aneiros Martínez.

GALICIA DE CARANZA “B”: Adrián (Bruno), Manuel (Pablo), Angel (C), Carlos, Daniel Mato (Edgar), Daniel Caride, Álvaro, Javier (Jose Eiriz), Jose Pérez, Antonio e Fernando (Brais).

Adestrador: Rogelio Rey Abad.

Delegado : David Pérez Fernández.

COLEXIADO: Manuel Bejarano Estepa. Amoestou a Angel e Álvaro do Galicia de Caranza “B”.

GOLES:

1 – 0: Carlos (min. 3) – Córner botado en curto entre Carlos e Antón que finaliza Carlos cun gran disparo que entra pegando o pau.

2 – 0: Sergio (min. 9) – Boa xogada combinativa dos aresáns que culmina Sergio cunha gran vaselina ante a saída do porteiro visitante.

2 – 1: Manuel (min. 25) – Centro á espalda aresána e gol de Manuel en vaselina ante a saída de Fernando.

3 – 1: Carlos (min. 61) – Falta directa lanzada por Carlos dende a frontal da área que entra pegada ao pau.

3 – 2: Jose Pérez (min. 64) – Falta directa botada por un xogador visitante que Antonio non é capaz de atallar, o seu rexeite o recolle Jose Pérez e marca coa testa sen ningunha oposición.

3 – 3: Edgar (min. 67) – Córner por banda dereita que remata Edgar cun gran testarazo dentro da área pequena.

3 – 4: Jose Pérez (min. 73) – Contragolpe dos visitantes por banda dereita, centro á area pequena e remate de cabeza de Jose Pérez que bate Antonio.

3 – 5: Jose Eiriz (min. 78) – Contragolpe visitante e gol de Eiriz só dentro da área pequena.

COMENTARIO:

Primeira metade con claro dominio aresán donde tivo uns primeiros 15 minutos de xogo moi bos, marcando dous goles que ven puideron ser mais se os nosos dianteiros estiveran mais acertados. Magoa das ocasións falladas porque ao final do partido nos imos de arrepentir. O Galicia de Caranza marcou o seu primeiro gol na única ocasión de gol que tivo nesta primeira metade, chegándose ao descanso coa vitoria local por 2 - 1.

Na segunda parte, o Numancia seguiu tendo o dominio do xogo, pero custábanos moito chegar á área visitante ata que no minuto 61 marcamos un terceiro gol de falta directa que parecía ser case definitivo. Pero foi un espellismo, e a partir de aquí, os aresáns viñéronse abaixo e fóronse ou desapareceron completamente do partido. O Galicia de Caranza foi un vendaval e empezou a crer que a remontada era posible e así foi. En apenas 20 minutos desta metade foron caendo os goles e doulle a volta ao marcador cun resultado que facía xustiza ao visto no terreo de xogo. Os aresáns uns minutos esperpénticos, desastrosos, sen dúbida, os peores de toda a temporada.

En resumo, resultado xusto, cun Galicia de Caranza que fixo uns 20 minutos finais moi bos ante a pasividade dos aresáns.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.