CADETES. PERLIO, 0 - NUMANCIA, 2.

O MELLOR O RESULTADO

Quinta xornada correspondente á copa do grupo 1 que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse con empate a ceros.

 

Os Pinares, 19 de outubro de 2013

ALIÑACIONS:

PERLÍO: Rubén, Daniel, Alejandro Pico, Marcos, Diego, Alejandro B., Paolo (Brais), Diego (Joel), Daniel, Aaron (Bruno Díaz) e Bruno Rey (Iván).

Adestrador: Roberto Arnoso Salgado.

Delegado: Oscar Varela Sanmartín.

NUMANCIA: Fernando (Antonio), P. Ferro, Emi, Oscar, Raúl (Nico), Pablo Cartelle, Antón (Lemos), Fran, Carlos, Adrián (Miguel) e Sergio (David Gil).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º adestrador: Fernando Pereiro Rubianes.

Delegado: Javier Aneiros Martínez.

COLEXIADO: José Priegue Leis. Amoestou a Daniel do Perlío e a Fran do Numancia.

GOLES:

0 – 1: Carlos (min. 52) – Balón recuperado pola defensa do Numancia que recolle P. Ferro, pase a Carlos quen define ante a saída do porteiro local.

0 – 2: Carlos (min. 79) – Despexe da defensa aresá nun córner botado polo Perlío que recolle Carlos no borde da súa área, cruza todo o campo, regatea ao último defensa e marca ante a saída do porteiro.

COMENTARIO:

Primeira metade con dominio do xogo do Numancia onde o equipo local defendíase con moito orden, renunciando ao ataque, e os aresáns non puideron aproveitar as escasas ocasións de gol que tiveron. Aínda que os de Ares tiveron o control da pelota, non conseguían que circulara con rapidez. O Perlío intentaba xogar ao contragolpe pero non creaba ningún perigo na portería visitante. Ao descanso chegándose cun empate sen goles, resultado inxusto a tenor do visto nesta metade.

Na segunda parte, o Numancia saíu igual, tendo o dominio do encontro e no minuto 52, abriuse a lata e chegou o mais que merecido gol dos aresáns. Os aresáns non pasaban por moitos apuros en defensa, sufrindo un pouco co paso dos minutos, xa que, non se puido concretar a vitoria ata o minuto 79, grazas a unha magnifica xogada realizada por Carlos que marcaba o segundo e definitivo gol, finalizando o encontro cun 0 - 2, a favor dos visitantes.

En resumo, partido totalmente dominado polo Numancia, ante un Perlío que defendeuse moi ben, con moita orde e onde decidiu a maior pegada dos aresáns.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.