Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 3 - ORTIGUEIRA, 2
 
 

CADETES. NUMANCIA, 3 - ORTIGUEIRA, 2

IMPORTANTE VITORIA DOS ARESÁNS

Cuarta xornada correspondente á copa do grupo 1 que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse coa vitoria visitante por 1 - 2.

 

 

Prados Vellos, 12 de outubro de 2013

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Antonio, Miguel (Piñeiro), Emi, Oscar (C), Raúl (Alexis), Pablo Cartelle (Ian), Antón, Fran, Sergio (Adrián), Carlos e Pablo Ferro (DavInstante do partido Ortigueira - Numancia temporada 2012-2013 (22/10/12)id).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º adestrador: Fernando Pereiro Rubianes.

Delegado : Javier Aneiros Martínez.

ORTIGUEIRA: Juan, Rafael, Julián, Adrián Núñez, Borja, Ruben, Diego (Pablo), Tomás (Adrián Ben), Andrés Muíños, Luís (C) e Andrés Barcón (Carlos).

Delegado: Pablo Maseda Álvarez.

COLEXIADO: Alejandro Mendez Bouza. Amoestou a Pablo Cartelle do Numancia.

GOLES:

0 – 1: Diego (min. 2) – Córner botado en corto por banda dereita, centro de Andrés Barcon e disparo de Diego que marca ante a saída de Antonio.

0 – 2: Andrés Barcon (min. 6) – Balón roubado no centro do campo, pase en profundidade por banda dereita, centro ao borde da área e fallo defensivo dos aresáns que aproveita Andrés quen marca ante a saída de Antonio.

1 – 2: Carlos (min. 14) – Boa xogada combinativa dos locais, centro ao área a Antón quen toca de cabeza ante a saída do porteiro visitante e Carlos moi atento, entrando dende atrás, marca a pracer.

2 – 2: Fran (min. 41) – Golazo de Fran cun gran disparo dende 30 mtrs que pega no poste e entra na portería visitante.

3 – 2: Adrián (min. 62) – Xogada por banda dereita, centro de Carlos, e Adrián entrando ao primeiro pau marca cun gran remate de cabeza.

COMENTARIO: Instante do partido Ortigueira - Numancia temporada 2012-2013 (22/10/12)

Primeira metade con dúas partes ben diferenciadas. Nos primeiros 15 minutos, os aresáns saíron durmidos e o Ortigueira saíu moi concentrado, presionando e aproveitando as dúas ocasións de gol que tiveron para marcar, nos minutos 2 e 6. A partir de aquí, os aresáns despertaron e empezaron a ter o dominio do xogo e no minuto 14, conseguiron reducir distancias. Os visitantes defendíanse con moito orden e os aresáns apenas dispuxeron de claras ocasións e só a balón parado inquietaban á portería visitante. O descanso chegouse coa vitoria visitante por 1 - 2.

Na segunda parte, a xogada clave foi no minuto 41, no que Fran conseguía igualar o partido cun gran disparo que sorprende ao porteiro visitante. Quedaban moitos minutos e parecía que a remontada era posible. O Numancia tiña o control do xogo e así foron chegando as ocasións de gol. Os aresáns non pasaban por moitos apuros en defensa, e no minuto 62, Adrián, cun gran cabezazo, conseguía marcar un tercer gol que facía posible a remontada ante un Ortigueira, que empezaba a baixar os brazos, ante a ofensiva dos locais. De aquí ao final non houbo tempo para mais nada e non se moveu o resultado.

En resumo, resultado xusto, ante un moi bo equipo o do Ortigueira, con case todos os rapaces de primeiro ano. Noraboa rapaces.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.