Inicio Noticias Cadetes CADETES. CEDEIRA, 1 - NUMANCIA, 2.
 
 

CADETES. CEDEIRA, 1 - NUMANCIA, 2.

GRAN REMONTADA NA 2ª METADE

Segunda xornada correspondente á copa do grupo 1 que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse coa vitoria local por 1 - 0.

 

 

 

Municipal O Beco, 29 de setembro de 2013

ALIÑACIONS:

CEDEIRA: Rubén, Adrián (Vinicius), Iago, Brandan, Antón (C), Brais (Julen), Antonio (Iván), Miguel, Francisco, Daniel (Diego) e Angel.

Adestrador: Víctor Andrés Villar Suárez

Delegado: Laureano J. Otero Barrio

NUMANCIA: Fernando (Antonio), David (Adrián), Emi, Oscar (C), Raúl (Rañales), Pablo Cartelle, Antón, Miguel (Nico), Carlos, Pablo Ferro e Sergio.

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º adestrador: Fernando Pereiro Rubianes.

Delegado: Javier Aneiros Martínez.

COLEXIADO: Daniel Calderón Pérez. Amonestou a Brais, Adrián e Iago do Cedeira e a Miguel, Emi e Antón do Numancia.

GOLES:

1 – 0: Miguel (min. 40) – Claro penalti realizado por David que transforma Miguel no rexeite tras a parada inicial de Fernando.

1 – 1: Carlos (min. 72) – Balón roubado no centro do campo pase en profundidade a Rañales quen dispara e para o porteiro local, pero o seu rexeite lle cae a Carlos quen marca a pracer.

1 – 2: Pablo Cartelle (min. 73) – Falta botada por Carlos dende a banda esquerda, o porteiro local non é capaz de atallar o balón e Pablo Cartelle, moi atento, entrando dende atrás, bate a Rubén.

COMENTARIO:

Primeira metade moi igualada onde os dous equipos saíron con moitas precaucións defensivas e ningún deles levaba a iniciativa do xogo. Os aresáns defendíanse con moito orden e non puideron aproveitar as escasas ocasións de gol que tiveron, sobre todo a balón parado. No minuto 39, Antón foi claramente derribado por un defensa local dentro da área pequena e na seguinte xogada, nun contragolpe, no minuto 40, os locais aproveitáronse dun claro penalti feito por David, chegándose ao descanso coa vitoria local por 1- 0,  resultado inxusto a tenor do visto nesta metade.

Na segunda parte, o Numancia saíu con outra mentalidade, comezando a ter o dominio do xogo e así chegaron as ocasións de gol. Os aresáns non pasaba por moitos apuros grazas a que os nosos defensas e porteiro estiveron moi acertados. Nos minutos 72 e 73 o Numancia conseguiu marcar sendos goles que facían posible a remontada ante un Cedeira que empezaba a perder forza a medida que pasaban os minutos. De ahí ao final non houbo tempo para nada mais e non se moveu o resultado.

En resumo, partido moi intenso e igualado onde decidiu unha gran segunda parte e a maior pegada dos aresáns ante un moi bo equipo o do Cedeira. Noraboa rapaces

O próximo fin de semana ao equipo de Cadetes tócalle xornada de descanso retomando a competición da copa o día 12 de outubro en Prados Vellos contra o Ortigueira.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.