Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 7 - MANIÑOS, 0.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 7 - MANIÑOS, 0.

MOI BO COMENZO NA COPA

Primeira xornada correspondente á copa do grupo 1 que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse coa vitoria local por 6 - 0.

 

 

Prados Vellos, 21 de setembro de 2013

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Antonio (Fernando), David (Ian), Emi, Oscar (C), Raúl, Pablo Cartelle, Antón (Lemos), Fran (Luís), Carlos, Pablo Ferro e Sergio (Adrián).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

Delegado : Javier Aneiros Martinez.

MANIÑOS: Andrés, Ramón, Alejandro, Agustín, Diego (C), Alberto, Borja, Adrián Alonso, Daniel Fernández, Daniel Galdo e Geoffrey. Tamén xogaron Raúl, Mario, Jesús, David e Samuel.

Adestrador : Carlos Cotón Castromil.

Delegado : Alfredo E. Fernández Martinez.

COLEXIADO: Miguel A. Piñón López. Sen incidencias.

GOLES:

1 – 0: Propia meta do Maniños (min. 7) – Forte despexe do defensa aresán, David, Sergio pugna co defensa visitante para coller o balón e o defensa intenta pasar ao seu porteiro que se encontraba fora da área e marca dunha vaselina.

2 – 0: Antón (min. 12) – Falta tocada en corto por Fran a Carlos, quen internase na área, centra ao segundo pau e marca Antón en boca de gol.

3 – 0: Sergio (min. 21) – Balón recuperado no centro do campo, pase en profundidade de Carlos a Sergio, quen bate ao porteiro visitante na súa saída.

4 – 0: Pablo Ferro (min. 32) – Pase de Pablo Cartelle á espalda da defensa a Antón por banda dereita, quen centra dende liña de fondo e Pablo Ferro marca no segundo pau.

5 – 0: Carlos (min. 33) – Boa xogada combinativa do Numancia que define Carlos dentro da área pequena cun disparo raso que toca no pau e entra a gol.

6 – 0: Antón (min. 39)  – Outra boa xogada dos aresáns que define Antón dentro da área cun disparo raso pegado ao pau.

7 – 0: Luís (min. 78)  – Xogada por banda dereita de Luís que encara na frontal da área ao seu defensor, vaise del e quedase só ante o porteiro visitante e marca cun disparo raso.

 

 

COMENTARIO:

Partido con claro dominio local, onde os aresáns levaron o peso do partido, fixeron moi boas xogadas combinativas, contraataques, presión, e se estivo moi acertado cara a gol. O equipo visitante estaba desbordado ante as acometidas dos aresáns e en ataque non creaban perigo, só con algunha falta ou córner inquietaban á porteira local. O Numancia fixo unha gran primeira metade,  chegándose ao descanso cunha clara vitoria por 6 - 0.

Na segunda metade os aresáns baixaron un pouco o ritmo, e aínda así dispuxeron de claras ocasións de gol pero só se consígueo incrementar o marcador cun gol.

En resumo, moi bo partido dos aresáns cun resultado que di as claras do gran nivel de xogo dos locais que empezan moi fortes na competición de copa. Na seguinte fin de semana, viaxamos ao campo do Cedeira onde agardemos manter este gran nivel.

Noraboa rapaces.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.