Inicio Noticias Cadetes CADETES. Pretemporada EUME, 3 - NUMANCIA, 3.
 
 

CADETES. Pretemporada EUME, 3 - NUMANCIA, 3.

Numancia de Ares ADR. Cadetes 2013-2014. Eume 3 - Numancia 3. A Gándara (Pontedeume) 14/09/13.PARTIDAZO DE AMBOS EQUIPOS

Partido de adestramento disputado na maña do sábado no campo municipal de Pontedeume que finalizou con empate. Ao descanso ó marcador reflexaba un empate a 2-2.


A Gándara (Pontedeume), 14 de setembro de 2013

NUMANCIA: Fernando (Antonio), Emi (Alexis), Nico (David Gil), Oscar, Raúl, Antón (Rañales), Pablo Cartelle, Carlos, Pablo Ferro (Luís), Piñeiro (Adrián) e Sergio (Ian).

GOLES:

1 – 0: (min. 9) – Balón roubado polo Eume no centro do campo, pase ao interior de banda dereita, quen centra ao segundo pau e remate de cabeza do dianteiro só dentro da área pequena que bate a Fernando.

2 – 0: (min. 12) – Boa xogada combinativa dos eumeses por banda dereita que define un xogador local dentro da área ante a saída de Fernando.

2 – 1: Sergio (min. 27) – Boa xogada do Numancia por banda dereita, pase de Antón a Sergio quen marca cun disparo raso ante a saída do porteiro local.

2 – 2: Carlos (min. 39) – Balón recuperado no centro do campo, pase a Carlos, quen dispara dende o borde da área, rexeita un defensa local e o rexeite o recolle outra vez Carlos, quen volve a disparar e marca cun disparo pegado ao pau dereito.

2 – 3: Sergio (min. 50) – Boa xogada combinativa do Numancia, entre Raúl, Luís, Carlos e definición perfecta de Sergio cunha vaselina ante a saída do porteiro.

3 – 3: (min. 75) – Xogada por banda dereita do Eume, centro, remate do dianteiro eumés, rexeite de Antonio, con tan mala sorte que lle cae a outro xogador local só dentro da área pequena e marca a pracer.

COMENTARIO:

Primeira metade onde os eumeses saíron en tromba e tiveron o dominio do encontro durante os primeiros 25 minutos. Os aresáns defendíanse como podían ante o empuxe do equipo local, no que, nos minutos 9  e 12 marcaron sendos goles que parecía imposible a remontada. No minuto 23, Fernando parou un claro penalti feito por Nico ao tocar o balón coa man dentro da área pequena. A partir de aquí, os aresáns reaccionaron e empezaron a ter máis o balón, e así no minuto 27, o Numancia marcou o seu primer gol. Parecía que o equipo local iba perdendo forzas e nos empezabamos a crer que a remontada era posible. Os aresáns tiveron un pouco máis o control do partido, presionando mellor ó rival por todo o campo, e pouco a pouco empezaron a chegar as ocasións de gol. No minuto 30, Fernando parou o seu segundo penalti feito por Nico ao derribar a un contrario dentro da área. Antes do descanso, no minuto 39, o Numancia empataba o partido, chegándose ao descanso cun empate a 2 - 2.

Na segunda parte, os aresáns saíron con outra cara e dende o comezo empezaron a ter o control do partido. No minuto 50, conseguiamos adiantarnos no encontro cunha boa xogada combinativa. Nos últimos 20 minutos os eumeses empezaron a dominar e dispuxeron de ocasións de gol e tamén doutro penalti no minuto 70 feito por David Gil que parou Antonio. Nos minutos finais os aresáns defendíanse con moito orde ante o empuxe do equipo local, ata que no minuto 75, empataron o partido. E non houbo tempo para mais, chegándose ao remate do partido, cunha igualada de 3 - 3.

En resumo, partidazo, entre dous grandes equipos.Hoxe sen dúbida os aresáns loitaron moitísimo ante un Eume que ten moi bos xogadores.

O próximo fin de semana, comezamos a temporada xogando o primeiro partido da Copa contra o Maniños en Prados Vellos. Desexamos aos rapaces un bo inicio nesta competición.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.