CADETES. Pretemporada, O VAL, 2 – NUMANCIA, 6.

Numancia de Ares ADR. Cadetes 2013-2014. O Val 2 - Numancia 6. Sinde 06/09/13.BO PARTIDO DO NUMANCIA NA 2ª METADE.

Partido de adestramento disputado na tarde do venres no campo municipal de Sinde no Val que finalizou coa vitoria do Numancia. Ao descanso ó marcador reflexaba unha vicoria visitante, 2 - 3.


O Val, 6 de setembro de 2013

NUMANCIA: Antonio, Raúl, David Gil, Oscar, Piñeiro, Pablo Cartelle, Fran, Carlos, Pablo Ferro, Antón e Sergio. Tamén xogaron, Fernando, Alexis, Nico, Ian e Fran Rañales.

GOLES:

0 – 1: Fran (min. 7) – Boa xogada combinativa do Numan que culmina Fran cun gran disparo dende o borde da área pegado ao pau que bate ao porteiro local.

1 – 1: (min. 12) – Contragolpe do equipo local e gol do dianteiro local que bate a Antonio na súa saída.Numancia de Ares ADR. Cadetes

1 – 2: Pablo Cartelle (min. 17) – Golazo de Pablo Cartelle cun gran disparo dende o borde da área que entra pola escadra esquerda da portería.

1 – 3: Sergio (min. 19) – Pase de Fran á espalda da defensa local que recolle Sergio e marca cun disparo raso pegado ao pao.

2 – 3: (min. 24) – Despexe en longo do porteiro local que colle á defensa durminda e o dianteiro valexo moi atento aproveita o regalo e bate a Antonio.

2 – 4: Carlos (min. 60) – Bo desmarque de Antón por banda dereita quen centra á área pequena e marca Carlos cun gran disparo pola escadra.

2 – 5: Carlos (min. 75) – Contragolpe do Numan, pase de Pablo Cartelle a Sergio quen bate ao porteiro local na súa saída.

2 – 6: Carlos (min. 79) – Balón recuperado no centro do campo, pase á Sergio quen define diante do porteiro cunha gran vaselina.

COMENTARIO:

Partido igualado na primeira metade donde o Numancia dispuso de claras ocasións de marcar algún gol mais e cometeu algún erro defensivo que o equipo valexo non desaproveitou, chegandose ao descanso cunha vitoria visitante de 2 - 3.

Na segunda parte, o Numancia saiu con outra cara e tivo o control do partido. En defensa non se pasaron os apuros da primeira metade e tamén se aproveitou que O Val quedase con 10 xogadores no minuto 71 do encontro ao lesionarse o seu porteiro e non dispoñer de mais xogadores no seu banquillo.

En resumo, resultado xusto nunha gran segunda metade do Numancia.

O próximo sábado 14 ás 11:00 h enfrentamonos ao Eume en Pontedeume no último partido de adestramento antes de comezar a copa o 21 de setembro.

 

Numancia de Ares ADR. Cadetes.Numancia de Ares ADR. Cadetes.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.