Inicio Noticias Cadetes CADETES. I TROFEO VILA DE ARES, NUMANCIA, 0 - G. MUGARDOS, 0 (2 - 3 PP)
 
 

CADETES. I TROFEO VILA DE ARES, NUMANCIA, 0 - G. MUGARDOS, 0 (2 - 3 PP)

Numancia de Ares ADR. Cadetes 2013-2014. I Trofeo Vila de Ares. Numancia, 0 - G. Mugardos, 0. Prados Vellos 30/08/13HOUBO QUE RECURRIR A TANDA DE PENALTIS.

Partido correspondente o I Trofeo Vila de Ares en categoría cadete disputado na tarde do venres en Prados Vellos entre os equipos do Numancia e o Galicia de Mugardos.


Ares, 31 de agosto de 2013.

Na tarde de onte disputábase en Prados Vellos un partido de máxima rivalidade que levou un bo número de espectadores ás bancadas. Estivo presente o concelleiro de deportes aresán, José Juán Vilar Rico, quen á finalización do encontro entregou os correspondentes trofeos.

Neste partido non puidemos gozar dos goles, acabando o partido con empate a cero, e ambos conxuntos deixaron claro que os seus adestradores teñen moito traballo por diante. Moita loita e moito ímpeto pero moi poucas combinacións e case ningún disparo entre os tres paus.

De todos xeitos, os adestradores aproveitan este partido para darlles minutos a todos os xogadores, probando e ensaiando todas as posibilidades que podem.

Nos penaltis parecía que tampouco ía entrar o balón, pois os porteiros atallaron os dous primeiros lanzamentos. Ao final, os visitantes conseguiron marcar os seus tres últimos lanzamentos, mentres que os aresáns erraron no seu último penalti, botando o balón fóra.

Finalmente o Galicia de Mugardos facíase co I Trofeo Vila de Ares.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.