Inicio Noticias Cadetes CADETES.PRESENTACIÓN TEMPORADA 2013-14
 
 

CADETES.PRESENTACIÓN TEMPORADA 2013-14

OS CADETES PRINCIPIAN A SÚA ANDAINA

Ás once da mañá deste vindeiro luns, 19 de agosto, en Prados Vellos, Dani Iglesias e Fernando Pereiro iniciarán os adestramentos dos cadetes do Numancia.
Ares, 15 de agosto de 2013
Unha temporada máis, Dani “Gaitas” liderará o grupo de rapaces cadetes que esta temporada 2013-14 formará un equipo moi equilibrado e experimentado, con 14 xogadores de segundo ano e con moitos minutos na categoría, máis outros 7 xogadores que se incorporan procedentes dos infantís. E nesta ocasión disporá da colaboración de Fernando Pereiro, ex xogador do Numancia e que adestrara ao Barallobre de afeccionados hai dúas temporadas.
Os xogadores de segundo ano son: Fran Iglesias, Fran Rañales, Ían, Miguelín, Nico, Óscar, Raúl, Sergio Rico, Lemos, Antonio, Carlos Vázquez, David Gil, Emi e Pablo Cartelle (procedente do G. Mugardos).
Soben da categoría infantil: Adrián, Alexis, Luís, Carlos Piñeiro, Fernando, Pablo Ferro e Antón (que regresa ao Numancia tras o seu paso polo G. Caranza).
Nesta primeira semana os horarios de adestramento serán estes:
Luns, 19 de agosto, de 11.00 a 12.30 h.
Martes, 20 de agosto, de 19.00 a 20.30 h.
Mércores, 21 de agosto, de 19.00 a 20.30 h. (Esta tarde terá lugar a presentación)
E o venres, 23 de agosto, ás 18.30 h. disputarán o primeiro amigable, tendo como rival ao Maniños.
Coa posta en marcha desta categoría, xa temos a todo o fútbol-11 adestrando nas instalacións de Prados Vellos. Só resta por comezar o fútbol-8, modalidade que arrancará na primeira semana de setembro: o luns, 2 serán os alevíns os que iniciarán os adestramentos, mentres que os benxamíns e prebenxamíns saltarán ao céspede o martes, 3 de setembro.
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.