Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 2 - G. MUGARDOS, 2
 
 

CADETES. NUMANCIA, 2 - G. MUGARDOS, 2

SERGIO: “ A CHARLA NO DESCANSO DO NOSO ADESTRADOR MOTIVOUNOS PARA SAÍR A POR TODAS”

A falta de acerto no remate e as intervencións do porteiro mugardés imposibilitaron a vitoria do Numancia.
 
Ares,  3 de maio de 2013
Partido corresponde á vixésimo primeira xornada de liga do 4º grupo ferrolán, categoría cadete, disputado no campo de Prados Vellos, que se saldou con empate a douses. A o descaso o resultado era de 0 - 2.
 
ALIÑACIÓNS:
NUMANCIA: Antonio (Agustín), Emi, Óscar, David, Raúl (Julián) ; José Manuel (Miguelín), Fran (Rañales), Sergio (Ían), Nóvoa , Carlos e Marcelo 
 
Adestrador: Daniel Iglesias.
Delegado: Manolo Nóvoa.
 
GALICIA MUGARDOS: Álex; Jesús, Javier (Bruno), Gabriel (Martín), Mario, Antón, Jorge, Josiño, Antonio, Pablo (Álex) e Alejandro.
 
Adestrador: Jesús Sixto.
Delegado: Miguel González
 
 
ÁRBITRO: Rodrigo Serrano. Amoestou a Josiño (G. Mugardos)
 
GOLES:
0 – 1  (m.22): Josiño
0 – 2  (m 32): Josiño
1 – 2  (m.58): Marcelo
2 – 2 (m. 70): Rañales
 
 
COMENTARIOS DE : Sergio RicoSERGIO RICO, cadetes Numancia de Ares.
 
A XOGADA DO PARTIDO:
“A xogada do partido foi o noso primeiro gol,na segunda metade, xa que supuxo un aumento de moral para todo o noso equipo”
CLAVE:
“A charla do noso adestrador no descanso, pois isto que nos entregáramos a fondo na segunda metade.”
ACTUACIÓN PERSOAL:
“A miña actuación persoal foi mala, xa que estaba un pouco canso, malia a todo gañei algún balón na segunda metade,pero a miña actuación seguía a ser mala. Teño que mellorar a condición física.”
O EQUIPO:
“Fixemos mal case TODO na primeira metade xa que o Mugardos nos creou superioridade sen case facer nada e nos meteu dous goles. Melloramos ao saber recompoñernos na segunda metade cun resultado moi difícil de remontar, e aínda así nos puidemos levar os tres puntos debido a que na segunda metade fallamos moitas oportunidades.”
O RIVAL:
“Do equipo contrario destacaría o dorsal 8 e o porteiro, pois o xogador número 8 marcounos os dous goles e o porteiro creábanos perigo cos seus saques en longo ás costas da defensa.”
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.