CADETES: NUMANCIA 2 – ÁNIMAS 3

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Cadetes. Numancia 2- Ánimas 3Teloneiros do xuvenil.

Sábado 25 de abril

RAFA


Numancia: Cristian, Jony, Jesús, Ángel, Álvaro, Juanra, Dani, Iván, Antonio (Ezra m.25), Manu, Bryan.


Goles:

0-1: minuto 12

0-2: minuto 25

0-3: minuto 34

1-3: minuto 55. Centro chut de Álvaro desde a banda dereita que se cola pola escuadra.

2-3: minutos 65. Tras varios rexeites Manuel remata a rede.


S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Cadetes. Numancia 2- Ánimas 3Partido de despedida da tempada do equipo cadete a espera dun partido aprazado co equipo das Pontes que non sabemos nin data.

O partido veu marcado por dúas cousas, en primeiro lugar as ausencias no equipo, motivado polo baleiro dos rapaces de Maniños que foron de excursión e en segundo lugar pola gran entrada en Prados Vellos( unhas 400 persoas) debido a semifinal de copa que xogou o equipo xuvenil a continuación.( aproveito para felicitalos pola vitoria)

Falando propiamente do partido o equipo ferrolán saíu mais enchufado no partido e nos primeiros minutos fixo un monólogo, os dous minutos xa pegara un tiro o pau, e parecía claro que era cuestión de tempo que se adiantara no marcador cousa que conseguiu con dous goles moi semellantes en internadas pola banda esquerda nas que o noso lateral dereito non estivo moi afortunado.

Co cero a dous tivemos dúas claras ocasións de engancharnos o partido, primeiro cun cabezazo de Dani ao longueiro, e logo cun centro chut de Álvaro que tamén petou no pau.

No minuto 30 Antonio tivo que abandonar o encontro por un compromiso familiar e con ese cambio o míster fixo un cambio táctico total. Iván pasou o centro da defensa, Álvaro cambiou de lateral pasando o dereito, Ángel pasou do centro da defensa o lateral esquerdo, Dani que estaba no extremo esquerdo pasou o mediocentro, Juanra que estaba de mediapunta baixou mais atrás e Jony que estaba no lateral esquerdo pasou a extremo esquerdo e finalmente Ezra púxose de dianteiro centro baixando Manu a mediapunta.

A verdade e que o cambio sentoulle ven o equipo xa que gañamos bastante seguridade defensiva e ademais Dani conseguiu neutralizar o nº 10 do Ánimas que levaba toda a primeira parte bailando o noso mediocampo.

Pouco antes do descanso os ferroláns semellaban sentenciar o encontro cun terceiro gol.


S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Cadetes. Numancia 2- Ánimas 3A volta dos vestiarios e co campo xa cheo de espectadores o noso equipo saíu enchufadísimo e se chegamos ter un pouco mais de puntería teriámoslle dada a volta o partido no minuto 10. As ocasións foron innumerables neses minutos e como exemplo unha tripla ocasión nun maxistral pase de Juanra ás costas da defensa que Bryan estrelou contra o porteiro, o rebote foille a Ezra que a estrelou contra un defensa e a continuación Jony a porta baleira mandouna por encima do longueiro.

Cando xa os comentarios na grada eran do tipo “hoxe é imposible marcar”. “isto é incrible” . “nin xogando dous días faremos un gol” reducimos distancias por dúas veces e logo da expulsión dun xogador do Ánimas por unha patada alevosa por detrás a Juanra loitamos duro para intentar darlle unha alegría a afección pero non puido ser.

Finalmente aproveito para dar as grazas a toda a FAMILIA do Numancia polo esforzo realizado para que a tempada fose o mais agradable posible.


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.