Inicio Noticias Cadetes Cadetes: Eume, 7 - Numancia, 0
 
 

Cadetes: Eume, 7 - Numancia, 0

A.D.R. Numancia de Ares. CAdetes 2012-2013. Eume, 7 - Numancia, 0. A Gándara PontedeumeJosé Manuel: "Un bo rival que foi moi superior a nós na segunda metade."

Derrota por 7 a 0 do equipo cadete do Numancia na súa visita ó campo da Gándara en Pontedeume. No descanso o resultado era de 1 a 0 para os locais. Salientar a reaparición de José Manuel quen nos comentou o encontro.

A Gándara. Pontedeume a 20 de abril de 2013.

Aliñacións:

 

Eume: Juan (Marcos), Borja, Miguel (Javier), Jesús, Francisco (C), José Manuel (Jorge), Camilo, Daniel, Pedro (Raúl), Pablo, Alex Feal (Alex Gutiérrez).

Adestrador: Alejandron González Domínguez.

Delegado: Ramón Manuel Penedo Leira.

Numancia: Roberto (Antonio), Emi, Óscar, David, Rolo, Miguelín (Ian), Nico (Lemos), Fran (C), Sergio Rico, Carlos, José Manuel (Rañales).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero

2º Adestrador: Roberto Carlos Oliveira Sánchez

Delegado: José Antonio Couce Iglesias

Árbitro: D. Daniel Barrera Lourido, amosou cartón amarelo a Camilo do Eume.

Goles: Camilo (2), Borja, Francisco, Daniel, Raúl e Javier

1-0 ( 7') Borja. Centro dende a dereita en medio campo á área visitante, o balón bota e sorprende a defensa e porteiro.

2-0 (53') Camilo. Falta dende a esquerda do ataque do Eume que remata de cabeza Camilo dende a área pequena preto do segundo pau.

3-0 (66') Javier. Disparo de lonxe que entra pola escadra da meta visitante.

4-0 (71') Raúl. Centro dende a esquerda que remata chegando dende atrás Raúl.

5-0 (77') Camilo. Penalti executado por Camilo a súa dereita que rexeita Antonio. O balón morto na área pequena enviao Camilo ó fondo da rede.

6-0 (78') Daniel. Xogada elaborada do Eume tras roubar o balón no saque de centro que finaliza cun disparo cruzado de Daniel.

7-0 (79') Francisco. Novo roubo de balón do Eume  tras o saque de centro do Numancia, internada por banda dereita e centro á área para que Francisco finalice a xogada deixando o resultado definitivo.

COMENTARIOS DE JOSÉ MANUEL
 
A.D.R. Numancia de Ares. José ManuelA XOGADA DO PARTIDO:
Non houbo ningunha xogada clave pero podemos destacar a nosa mala actuación na segunda metade.
 

A CLAVE:

A clave foi o primer gol marcado polo Eume no que o lateral quixo centrar un balón a nosa área dende o seu campo e entrou na portería grazas a un desafortunado bote.

 

 
ACTUACION PERSOAL:
 Un partido moi frouxo pola miña parte xa que foi o primeiro que xogaba dende a miña lesión.
 
O EQUIPO: 
 Na primeira parte estabamos ben situados e o partido estaba moi igualado, pero na segunda parte o Eume empezou a marcar os goles e foi superior a nós.
 
O RIVAL:
Un bo rival que foi moi superior a nós na segunda metade.
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.