CADETES. NUMANCIA, 3 - EF CARANZA, 0
NÓVOA: “Na segunda parte saímos con ganas e coa intención de gañar o partido”
Os dous goles nada máis comezar a segunda parte déronlle a vitoria ao Numancia ante un Caranza que sempre buscou o fútbol combinativo.
Ares, 8 de abril de 2013
Partido corresponde á décimo sexta xornada de liga do 4º grupo ferrolán, categoría cadete, disputado no campo de Prados Vellos.
ALIÑACIÓNS:
NUMANCIA: Antonio (Roberto), Emi, Óscar, David, Raúl ; Miguel (Lemos),, Fran, Sergio, Nóvoa (Nico), Carlos e Marcelo (Ían).
Adestrador: Daniel Iglesias.
Delegado: Xoán M. Vázquez.
EF G. CARANZA: Adam; Óscar, Daniel (Brais)., Alberto, Diego, Álvaro, David (José), Manuel (Jonnhy), Mario, Víctor e César (Ángel)
Adestrador: Pablo Mesa.
Delegado: Pedro Garrote
ÁRBITRO: Cristian Santos. Amoestou a Óscar (Numancia)
GOLES:
1 – 0 (m.45): Nóvoa.
2 – 0 (m 46): Sergio.
3 – 0 (m.62): Óscar (pp)
COMENTARIOS DE ANDRÉS NÓVOA
A XOGADA DO PARTIDO: Non houbo ningunha xogada clave, senón que o máis destacado foi como saímos na segunda metade con ganas e coa intención de gañar o partido.
A CLAVE: A clave foi a actitude coa que saímos ó campo na segunda metade.
ACTUACION PERSOAL: Un partido moi frouxo pola miña parte, non estiven fino nas xogadas de ataque, salvo no gol que aproveitei un gran pase de Carlos, e non axudei moito á defensa.
O EQUIPO: O gran traballo dos catro defensores e do mediocampo foron clave para gañar este partido pero en xeral un gran segundo tempo de todo o equipo tanto dos once de inicio como os que entraron do banquiño
O RIVAL: Un bo rival que deu moita guerra na primeira metade pero que baixaron os brazos cos goles que marcamos ó inicio da segunda.