Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 3 - EF CARANZA, 0
 
 

CADETES. NUMANCIA, 3 - EF CARANZA, 0

 NÓVOA: “Na segunda parte saímos con ganas e coa intención de gañar o partido

Os dous goles nada máis comezar a segunda parte déronlle a vitoria ao Numancia ante un Caranza que sempre buscou o fútbol combinativo.
 
Ares,  8 de abril de 2013
 
Partido corresponde á décimo sexta xornada de liga do 4º grupo ferrolán, categoría cadete, disputado no campo de Prados Vellos.
 
ALIÑACIÓNS:
NUMANCIA: Antonio (Roberto), Emi, Óscar, David, Raúl ; Miguel (Lemos),, Fran, Sergio, Nóvoa (Nico), Carlos e Marcelo (Ían).
 
Adestrador: Daniel Iglesias.
Delegado: Xoán M. Vázquez.
 
EF G. CARANZA: Adam; Óscar, Daniel (Brais)., Alberto, Diego, Álvaro, David (José), Manuel (Jonnhy), Mario, Víctor e César (Ángel)
 
Adestrador: Pablo Mesa.
Delegado: Pedro Garrote
 
ÁRBITRO: Cristian Santos. Amoestou a Óscar (Numancia)
 
GOLES:
1 – 0 (m.45): Nóvoa.
2 – 0 (m 46): Sergio.
3 – 0 (m.62): Óscar (pp)
 
 
COMENTARIOS DE ANDRÉS NÓVOA
 
A.D.R. Numancia de Ares. Andrés NóvoaA XOGADA DO PARTIDO: Non houbo ningunha xogada clave, senón que o máis destacado foi como saímos na segunda metade con ganas e coa intención de gañar o partido.
 
A CLAVE: A clave foi a actitude coa que saímos ó campo na segunda metade. 
 
ACTUACION PERSOAL: Un partido moi frouxo pola miña parte, non estiven fino nas xogadas de ataque, salvo no gol que aproveitei un gran pase de Carlos, e non axudei moito á defensa.
 
O EQUIPO: O gran traballo dos catro defensores e do mediocampo foron clave para gañar este partido pero en xeral un gran segundo tempo de todo o equipo tanto dos once de inicio como os que entraron do banquiño
 
O RIVAL: Un bo rival que deu moita guerra na primeira metade pero que baixaron os brazos cos goles que marcamos ó inicio da segunda.
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.