Cadetes: Maniños, 4 - Numancia, 2
Antonio: "o equipo xogou un partido de dez"
Partido adiantado a xornada nº 17. Nun terreo de xogo en malas condicións polas chuvias o Numancia caeu derrotado por 4 tantos a 2 frete ó Maniños no campo de O Pote. Ó descanso chegouse con vitoria local por 3 a 2.
O Pote, Maniños (Fene) 27 de marzo de 2013.
Aliñacións:
Maniños: Andrés, Joel (Alex Piñeiro), Esteban, José Ángel (Dani Galdo), Adrián, Marcos, David Lamas (Fran), Alex Cabarcos (C), Dani Fernández (Iván), Javier e Sergio
Adestrador: José Ibán Mourente Fernández
Delegado: Iván Núñez Pantín
Numancia: Roberto (Antonio), Emi, Óscar, David (Ian), Rolo (Julián), Alberto, Sergio Rico (Miguelín), Fran (C), A. Novoa, Carlos e Marcelo (Brais).
Adestrador: Daniel Iglesias Montero
Delegado:Xoan Manuel Vázquez Vázquez
Árbitro: Manuel Bejarano Estepa. Amosou cartóns amarelos a Joel, José Ángel e Alex Cabarcos do Maniños e a David, Alberto, Brais e Dani Iglesias (adestrador) do Numancia. Amosuo cartóns vermellos a Marcos polo Maniños e a Julián e Brais polo Numancia.
Goles: Javier, Adrián, Sergio e David Lamas (Maniños). Sergio Rico e Brais (Numancia)
1-0: ( 4') Javier
2-0: ( 8') Adrián
2-1: (10') Sergio Rico
3-1: (16') Sergio
3-2: (28') Brais
4-2: (75') David Lamas
COMENTARIOS DE ANTONIO LOZANO LUBIAN, gardamenta do Numancia
A xogada do partido?
Eu creo que de quedarme con unha xogada sería a do noso primeiro gol, no centro a balón parado que logo de rebotar contacta con algúns xogadores e acaba no fondo da rede.
Houbo algunha circunstancia ou acción que influira directamente no resultado final?
Eu penso que si, que os porteiros dos respectivos equipos pararan o penalti que lle tiraron a cada un e as expulsions dos dous xogadores do Numancia, tamen influiu moito o estado de campo que impedía moito os pases rasos e en largo.
Estas satisfeito coa túa actuación persoal?
Si, pero penso que debería mellorar as saídas nos pases longos e nos corners ademais dos saques de portería.
O equipo?
Penso que o equipo xogou un partido de dez, xogamos ben e con intensidade, os erros que tivemos foron as expulsións, un pouco tontas as duas e evitables, e os fallos na finalización. Ainda así estamos nunha dinámica positiva de bo xogo.
O equipo rival?
Penso que xogaron ben en defensa e aproveitaron ao máximo cada xogada, excepto o penalti, do que ten todo o mérito da parada Roberto.