CADETES. NUMANCIA, 6 - ÁNIMAS, 2

 DAVID GIL: “Sorprendimos ao Ánimas con contraataques rápidos”

Cinco goles na primeira media hora pecharon unha boa primeira parte dos rapaces aresáns.
 
 
Ares, 15 de marzo de 2013
 
Partido corresponde á décimo cuarta xornada de liga do 4º grupo ferrolán, categoría cadete, disputado no campo de Prados Vellos.
 
ALIÑACIÓNS:
 
NUMANCIA: Agustín (Roberto); Emilio, Óscar, David (Miguelín), Raúl; Fran, Carlos, Sergio; Nico (Adrián), Nóvoa (Ían) e Marcelo (Rañales).
 
Adestrador: Daniel Iglesias.
Delegado: Manuel Nóvoa.
 
ÁNIMAS: Cristian; Iván, Adrián, Alberto, Sergio, Rafael, Manuel, Pablo (Jonatan), Diego (Jesús), David (Bruno) e Talyton.
 
Adestrador: Juan Carlos Permuy
Delegado: Andrés García.
 
ÁRBITRO: Víctor García Villaverde. Amoestou a David do Ánimas.
 
GOLES:
1 – 0 (m.3): Nóvoa
1 – 1 (m.6): Iván
2 – 1 (m.17): Nóvoa
3 – 1 (m.19): Carlos
4 – 1 (m.24): Carlos
5 – 1 (m.29): Fran
5 – 2 (m.45): Iván
6– 2 (m.6): Sergio
 
COMENTARIOS DE DAVID GIL, defensa do Numancia:David Gil, xogador cadete do Numancia de Ares.
 
A XOGADA DO PARTIDO: Para min a mellor xogada foi a  que comezou Rolo,  dándolle un bo pase a Carlos, este fai unha parede con Marcelo e desmárcase cara a área visitante, marcando o terceiro gol.
 
CLAVE: Non houbo nada que influíra no resultado directamente debido a que dende o principio tivemos a posesión do balón,e por outra parte, porque os xogadores do Animas non atoparon a súa posición no campo. De feito o adestrador do Ánimas fixo os trocos de xogadores moi cedo. Quizás a clave estivo nos  contraataques rápidos que fixemos e que sorprenderon a defensa moitas veces.
 
ACTUACIÓN PERSOAL: Pola miña parte non xoguei ben, puiden facelo mellor. Houbo xogadas nas que debía saír co balón controlado e xogar ao toque en vez de rexeitalo, tendo en conta que estabamos gañando neses momentos e podiamos xogar máis tranquilos.
 
O NOSO EQUIPO: O equipo estivo bastante ben á hora do contraataque, saiamos rápido do noso campo, pero á hora de defender ninguén cubría os xogadores contrarios. O primeiro gol deles foi por ese motivo. Pese a eses erros, en xeral fixemos un bo partido e conseguimos outros 3 puntos que se quedan na casa.
 
O RIVAL: O Ánimas non sabía o que facer e máis cando lle chegaron os 3 primeiros goles moi axiña. Non souberon defender e  cada un andaba a velas vir. Estaban todos espallados polo campo sen moverse en todo o partido.
 
 

 
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.