Cadetes: Numancia, 2 - Perlío, 3
ROLO: "FALTARON MELLORES XOGADAS EN ATAQUE"
Derrota do equipo de cadetes frente ó Perlío por 2 a 3 en partido disputado na mañá do sábado en Prados Vellos. Ó descanso chegouse con ventaxe local de 1 a 0.
Prados Vellos (Ares) 2 de marzo de 2013.
Aliñacións:
Numancia: Roberto (Antonio), Emi (Nico), Óscar, David, Rolo (Rañales), Fran, Miguelín (Sergio Rico), Carlos, Brais (Julián), Alberto e Marcelo.
Adestrador: Daniel Iglesias Montero
2º Adestrador: Roberto Carlos Oliveira Sánchez
Delegado: José Antonio Couce Iglesias
Perlío:Alex Pico (Daniel Pena), Paolo (Aarón Rodríguez), Diego Montero, Daniel Lago (Miguel), Marcos (Aarón Rodeiro), Diego Rodríguez, Manuel, Diego Calvo, Adrián, Elias (Diego Porta) e Alex Braojos.
Adestrador: Miguel Ángel Carballeira García
2º Adestrador:---
Delegado: Miguel Ángel Lamas Diz
Árbitro: D. Daniel Barrera Lourido amosou cartóns amarelos a Manuel e Daniel Lago do Perlío.
Goles: Aarón Rodeiro, Diego Rodríguez e David (p.p.) para o Perlío. Brais e Alberto para o Numancia.
1-0 (31') Brais: Entrada por banda dereita dende medio campo de Marcelo que pasa a Alberto no pico da área. Alberto intérnase ata a liña de fondo e asiste a Brais para que anote sen oposición o primeiro tanto.
1-1 (52') Aarón Rodeiro: Balón ás costas da defensa pola zona central que recolle Aarón Rodeiro no borde da área adiantandose ó meta local e anota o tanto cruzando o balón ante a saída de Antonio.
1-2 (58') Diego Rodríguez: Entrada por banda dereita con centro a área que remata Diego Rodríguez no primeiro pau desviando o balón cara ó segundo e anotando o tanto que adiantaba ós visitantes.
2-2 (75') Alberto: Balón que gaña Alberto en carreira entrando pola esquerda e finaliza cruzando ante a saída do meta visitante.
2-3 (79') David (p.p.): Xogada desafortunada dos locais. A saída dun saque de esquiña non chega a despexar Antonio e o balón caelle a David que non pode despexar anotando en propia porta.
COMENTARIOS DE ROLO: